30 decembro: Daytona Beach e Ponte Vedra


Daytona Beach e famosa polas carreiras de coches e asi ten unha praia onde poden circular coches (con permiso da marea) pero non cans que emporcan a area. Aqui, de feito, fixose na praia a primeira carreira de coches rexistrada na historia ala polo ano 1903 ... seica.
O hotel que collemos estaba na fronte do mar e con boas vistas como se ve na foto do mencer (aqui mence pola beira do mar). O defecto que tinha e que non se podia acceder ao noso balcon que estaba pechado por reformas...mecaghi...
Fomos co Colin a punta sur da illa onde habia un anaco de praia onde admitian cans e asi o pobre do animal puido probar auga de mar legalmente no estado de Florida.
Despois marchamos e paramos a xantar en San Agustin e dali fomos pola costa de Ponte Vedra. Esta zona non ten muito de especial. E a tipica zona de ricos coas casas enriba das dunas e campos de golf aqui e acola. O curioso e o nome e parece ser que ven da nosa Pontevedra anque quedou un pouco tolleito asi separado Ponte Vedra.



7 Comments:
Feliz Aninovo.No meu navegador a foto do Medical Center Ponte Vedra sae tapada por outra onde hai un mozo e unha moza. Esta e algo grande e sae enriba das ligazóns.
Unha aperta
eu tamén teño praia nestes días, acedre, que estou na costa de Bos Aires, nun povo chamado Santa Teresita. Apertas tamén dende aquí.
Que envexa!! co que me gusta a mín a praia!!!!, en fin lendo, o teu blog e ollando as fotos lembro momentos fantásticos...
Por certo hoxe vin tódolos post que fuches facendo pero non os vín ata hoxe, ainda que eu entrei coma sempre no teu blog, Pq será?? (pregunta de la Bombi, jajajaja). Pasoulle a alguén máis...
Un beijo.
:)
Seica acabaches o ano moi ben. Espero ler con calma o diario das tuas vacacions.
Que envexa!!! Eu pagaría agora por poderme bañar na auga do mar... aínda que o Nadal tamén ten o seu encanto... Menudo caderno de viaxes... seguro que foi unha experiencia irrepetíbel... seguirei por aquí aprendendo cada día un pouco máis dos EE.UU., polo menos da súa cara menos coñecida...
Feliz 2006!!!
A min tamén me pasou o de non ver os post, dende o 22 de nadal. En fin, a porse ao día! Bo ano.
Saudos a todos e feliz ano e futuros anos.
Metin toda a viaxe onte nun so post. Por iso non se via nada ata onte.
Estiven liado e na viaxe desenchufeime do ordenador.
A ver se hoxe xa me ponho ao dia.
Post a Comment
<< Home