Ano novo chines

Nos fomos ao ximnasio e a casa dos arxentinos que nos deron tarta de Santiago que estaba ben boa.
E manha marchan as rapazas a un curso na universidade de North Carolina nas montanhas e van estar cinco dias ala. Ou sexa, quedo de Rodriguez co Colin.
Ata manha.
5 Comments:
Pois que o Colin e mais ti levedes ben o de estar de Rodríguez. Por aquí moito frío. Esta mañá tiñamos catro baixo cero en Zamora. Un saúdo.
Que interesante o de traballar no Zoo de Washington... No Morrazo tamén temos moito frío...
Vaia, onte estivemos a ver Cold Mountaina e, se non estou trabucada, era nas montañas de North Carolina :)
Unha aperta e disfruta da soedade, que ás veces tamén presta.
O de Rodriguez vaise levando.
O zoo de Washington e mui bo e debe de ser unha marabilla traballar ali. Xa contara o Tonho como lle vai. Se el montase un blogo teria mais cousas que contar ca min pero non quere.
Cold Mountain foi rodada na vella Europa, por Rumania ou eses paises. E esta baseada nunha historia de Virxinia, seica.
Bueno, dai ao lado como quen di.
A min a pelicula gustoume anque morre xente de mais.
Un saudo a todos que gracias a vos non estou so.
Xa me informará o Colín que tal eres de Rdez.
Bicos.
Post a Comment
<< Home