Ata outra, morrinha

Hoxe xa estou millor. A vista do fundo da ria de Vigo dende o avion que foi o ultimo que mirei de Galicia xa non me da ataque de morrinha. Todo gracias aos vosos comentarios e o paso de tempo que todo cura. Hai dias que un esta apagado sen motivo aparente e iso foi o que me pasou o outro dia. E onte non tinha ideas para escribir asi que saltei o dia.
O luns pasado fomos ao cine por primeira vez neste pais. Cobraronnos menos (5.75 $) por irmos antes das seis e eramos seis persoas nun cine con capacidade para cento dez. A pelicula foi Casanova e estivo pasable. Lembroume a pelicula de Shakespeare enamorado pero sen tanta calidade.
Antes da pelicula puxeron o trailer dunha pelicula de cans de trineo que tiveron que abandonar na Antartida e pasaban calamidades mentes non os rescataba o chico da pelicula. A min estas cousas tocanme a fibra sentimental (por que negalo?) e cando xa me proian os ollos mirei de esguello a Ana que xa estaba cos ollos humidos. Nada, que somos uns sentimentais.
E para que miredes que xa recuperei de todo vouvos contar unha anecdota da mili referente ao idioma galego.
Estaba eu de paseo en Burgos cun companheiro corunhes e habia duas rapazas sentadas nun portal e unha preguntounos de onde eramos que elas xa sabian que non eramos de Burgos polo corte de pelo estilo militar. O meu companheiro, que estaba un pouco peneque, dixolle todo cheo: 'Cheirache a perrecha'. Eu quedei pampo mirando para el que se atrevera a dicir tal cousa e despois esperei a reaccion das rapazas que foi ben simpatica. Vai unha e dille a outra sen inmutarse: 'Uy, estos dos son vascos'.
Pois nada, ata manha e dicir que estamos todos ben e que non fai muito frio.
8 Comments:
Alégrame lerte xa máis animado contando historias de la p.tamili con "acento vasco" jajajajaj.
Un gran beijo vasco
Musu handi bat.
:)
Moi boooo, unha apreta, e ánimo
hahahahaha! apuntoma para contarla por ahí adiante ;-)
Un clásico:
como se di en vasco "diarrea repentina"?
Kajarría na rúa.
¡Animo compañeiro!..seis meses logo pasan..en canto cargues as pilas o nivel de morriña xa queda en niveis normais.
Unha aperta.
Ola P,me alegro d q t encuentres mejor ,pero disfruta q 6 meses rapido pasan y despues si para el año ya no volveis,ya veras como exas al menos un poco d - esas tierras,q paisajes como los q nos muestras cuando vais d escursion no tiene todo el mundo la oportunidad d disfrutar d ellos y gracias a ti podemos verlos un poquito y tambien d enterarnos d como es realmente "ese mundo".Bueno,cuando vengais dile ya a Ana,q teneis una cena pendiente en mi casa,q al final el año pasado no visteis como me quedo.Cuidaros muxo vale?X aqui ya nos stamos preparando para los carnavales q son a finales d febrero ya os contar por medio d Ana,dale un biquiño d mi parte muy grande y otro para ti.
Asta pronto.
Aledome de que vos gustase a anecdota que foi real.
Mui bo tamen a kajarria na rua.
Non hai nada como anecdotas curiosas e alouminhos e musuak de amigos para levantar a moral.
O tempo pasa e xa se vera o que nos depara o futuro e a cea con Chelin desta volta non escapa.
Chaucinho a todos e gracias por estardes ai.
A min a morriña colleme mui a miudo...
O sábado pasado estivemos o meu home e máis eu vendo cadeliños da carreira esa que chaman Pirena. Estaban na playa de Barcelona e fixeron unha demostración cos trineus. Eran todos guapísimos...
Mui bon o de "vascos"...
Unha aperta.
Post a Comment
<< Home