Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Baixon de choio

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, January 12, 2006

Baixon de choio



Onte choveu a rabiar e hoxe fixo calor coma no veran.

No choio baixou bastante a cousa. Onte e hoxe mandaronnos a outras zonas de Revlon. Onte tocoume na linha de Almay con semente de moringa, a arbore milagrosa que non sei se sera verdade o que din dela (dubidoo). E hoxe tocoume nos tintes de pelo e pasaron miles e miles de loiras pola minha man. Despois apareceron os xefes e dixeron que alguns quedaban sen traballo ata o martes que ven (luns e o dia de Martin Luther King e non se traballa). Eu traballo manha.

E na foto saio eu no veran sufrindo un tratamento de beleza de Maria, a nosa sobrinha e a mais moreninha da foto e Iris, unha vecinha dela. Eu non estaba botando un peido senon que estaba aguantando os ataques delas que en vez de peites parecia que usaban martelos. A foto vai por Maria que estivo de cumpreanos onte.

E iso e todo por hoxe.

5 Comments:

At 12:05 AM, Blogger Veloso said...

Pero agora queremos ver o resultado do traballo de tan espelidas perruqueiras. Reclamamos foto que dea fe da túa nova imaxe despois da sesión de peiteado. Un saúdo.

 
At 4:53 AM, Blogger Nemeth said...

e despois din que hai xente que se relaxa na perruquería... :)
moi lindas as nenas, por certo. E parabéns para María.

 
At 6:07 AM, Anonymous Anonymous said...

Iso,iso foto final.
PARABENS María!!

 
At 7:31 AM, Anonymous Anonymous said...

Parabens a María.
Felicidades o guapetón tío, por esa preciosa sobriña, e por saber sufrir con paciencia...
Bicos.

 
At 10:34 AM, Anonymous Anonymous said...

Parabens a María, ela pode practicar a perruquería con un manequin de verdade; outros nenos so poden facelo con monecos.
Unha aperta.

 

Post a Comment

<< Home