De frigocanceiras e tratos aos animais

Cada un ten unha idea preconcebida dunha persoa, dun pais, dunha cultura, etc, etc. E a minha idea dos EEUU era que aqui trataban millor aos animais do que os tratan na terrinha e levei unha decepcion coa minha presuposicion. Eu sabia que os cans non os ian atar con chourizas e que non ian vivir en casas ultimo modelo con calefaccion e todas esas comodidades que de cando en vez sae nos noticieiros. Non son tan boafe. Pero o que fotografiei o domingo ben merece estar no concurso dos Aduaneiros. Na foto vese un can encadeado a sua "casa" que non e outra que unha neveira coa porta aberta. Menos mal que non esta funcionando a frigocanceira esa.
E falando de relacions animal-home neste pais tenhen fama os rodeos e sobre todo os dos touros. Os montadores son xente ben tola. O home monta no becho, abrenlle o cancelo e ala ten que aguantar enriba do touro oito segundos para poder puntuar. Ten que agarrarse ao animal cunha man soa e a outra non pode tocar o corpo do touro. Premendo en "Continue" nesta paxina podes ver tres minivideos onde se ve esta luita entre home e touro que e perigosa para o home. Este deporte non ten arte ningunha pero non deixa de ser espectaculo e polo menos o touro sae enteiro que e o mais importante.
E manha pode ser que haxa mais.
3 Comments:
Eu penso que aos animais os maltratan máis ou menos igual en todos os sitios, a xente é moi brutiña...
Até outra
PS: A propósito, outro saúdo do meu Cachinho para o teu Cacheiro! ;-D
penso que nisto do trato aos animais hai moito de cultura e moito tamén de ideas personais. Eu lembro que os meus avós afogaban as cadelas e os cancillos cunha pedra co pescozo e pensaban que iso era moi normal porque o tiñan feito todala vida. Eu non podía co espanto pero para eles era cousa natural. Tamén tiven parentes que levaban ao can como se fose un rapaz: vestido, perfumado e tiñanlo ata con xoias! Coido que todolos extremos sonche ben malos. Apertas!!!!!
A verdade e que maltratamos aos animais e dame magoa. Chegara un dia que sexamos mais humanos co eles ?.
Post a Comment
<< Home