Dia de Martin Luther King

Hoxe e festivo aqui. Celebrase o nacemento de Martin Luther King, un sacerdote que luitou pola igualdade de dereitos dos pretos cos brancos. A Ana preguntanlle os alumnos se se celebra este dia na terrinha e cando di que non quedan abraiados e non imaxinan unha terra onde non haxa negros.
O caminho para a igualdade ainda non rematou pero xa esta enfiado e, aos poucos, conseguense avances impensados hai anos e xa hai unha muller negra presidenta en Africa, concretamente en Liberia, pais creado polos norteamericanos para instalar esclavos liberados.
Ogalla que se consiga a igualdade plena no mundo entre os seres humanos e o sonho que tinha Luther King sexa realidade.
7 Comments:
Ogallá que se consiga o soño de Martin Luther King, ogallá...
Feliz celebración.
Un beijo
:)
Dentro de nada celebrarase o día de Martin Luther King en Marín!! E eu serei a primeira en ir á festa!
Ogalla a sua morte non fora en vano...
É unha festa que merece unha boa celeb ración.
Bicos.
Si, ogallá que se cumpra o teu desexo.
¿En Marín? ¡Qué ben! Xa nos contarás, Lauridinha.
Saúdos.
Entre todos podemos facer un mundo mais igualitario e quen sabe se un dia se chegara a celebrar o dia MLK en Galicia, en Marin concretamente, como indica Laurindinha.
Un saudo a todos.
jajajaja, bendita inocencia a miña ;)
Unha aperta para os dous.
Post a Comment
<< Home