Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Estado da Union

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, January 31, 2006

Estado da Union

Hoxe seguin de Rodriguez sen muita novidade. Fun ao choio e logo ao ximnasio. Na tele estaba o programa de Oprah e saia un medico sen fronteiras que estivo en Nixer, o pais mais pobre do mundo, e onde nos anos bos morre un neno de cada catro. O malo e que non houbo colleita este outono pola seca e hai muita fame. E como a tele estaba tan deprimente eu mergulleime no libro "La sombra del viento". E doado mergullarse neste libro. Levo unhas setenta paxinas e esta mui ben na intriga.
Vin para casa e agora ponhen na tele o debate do estado da Union onde sae o presidente Bush facendo propaganda. Foi recibido con aplausos, lembrou a viuva de M.L.King que morreu onte e o camara estivo buscando negros entre os congresistas e volveuse parvo para topar tres ou catro. Logo Bush empezou coa leria de sempre de que en Irak son terroristas, que somos a policia do mundo, armas de destruccion masiva, etc, etc e agora segue falando e prometendo e os congresistas aplaudindo.
En vista do que hai, ponhome a dar a tecla e a cheirar novos blogos como o dunha cadela Husky galega que ten cousas curiosas e divertidas para ler.
Ata manha.

4 Comments:

At 3:05 AM, Blogger Veloso said...

Vese que non levas moi ben o de estar de Rodríguez: ver a Bush na tele non é o plan máis apaixonante para unha tarde na casa. Aínda así, pásao ben con "La sombra del viento". A min pareceume unha novela algo irregular, pero entretida e bastante ben escrita. Infinitamente superior, por exemplo, a eses Dan Brown ou Ken Follet que venden millóns de exemplares con libros de moi baixa calidade (para o meu gusto, claro está).

 
At 1:41 PM, Anonymous Anonymous said...

Pois xa me contarás da novela, pq a miña nai quería leela e eu mercarlla para o día do seu santo. Sta Francisca (9 de marzo).
Unha aperta "Acedre de Rodriguez".
;)

 
At 3:55 AM, Anonymous Anonymous said...

Son reacia a ler libros de moda e de casualidad lin este verán La sombra del viento, e verdá é que me gustou muito.
¿Cómo está o cadeliño?¿Xa o tratas ben?
Bicos.

 
At 9:32 PM, Blogger acedre said...

Mirei a Bush mentes facia a cea. Era case inevitable pola cantidade de canles que o punha. Mireino un anaco picado pola curiosidade mais que nada.
En canto ao libro dicir que ainda e cedo para saber se e bo pero de momento ten boa pinta. A Ana gustoulle pero non por iso ten que gustarme a min. Tamen lin Anxos e demos de Dan Brown e gustoume e Os piares da terra non me fixeron muito tilin mentes que a Ana a namorou redonda e, de feito, logo leu case todolos libros de Follet pero xa non lle gustaron.
Gracias a todos polos comentarios.
O Colin esta ben. Bueno, anda un pouco enamorado que hai uns efluvios de cadela que o traen tolo pero ainda menos mal.

 

Post a Comment

<< Home