Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Fantasmas en Arbo

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, January 21, 2006

Fantasmas en Arbo

Muito do dia de hoxe andei fuchicando pola interrede adiante. Entre muitas cousas topei unha paxina onde sobes unha foto e buscanlle o parecido entre unha listaxe de famosos. Muitos dos resultados son ben patateiros e ata aparecen fantasmas. Nunha foto da nosa sobrinha Maria nos muinhos da Rocha en Arbo o programa ese descubriu que habia outra face na foto e non era outra que Yoko Ono. Incrible pero certo. Aqui podes comprobalo.

3 Comments:

At 5:14 AM, Anonymous Anonymous said...

Que Gracia!!.Por certo María cada vez sae máis guapa...
Unha aperta.
:)

 
At 6:20 PM, Blogger Nemeth said...

concordo coa fotoxenia crecente da cativa :)
e por outro lado... medo me dá pór unha foto miña :D de quen serei parente? :)

 
At 6:48 PM, Blogger acedre said...

Gracias polos piropos pola cria anque a diferenza nas fotos e dunha semana soa.
Eu puxen unha minha e saiume un parecido con Bono (o cantante americano). Despois xa me punhan parecidos raros como Cameron Diaz.
O programa este e bo para botar unhas risas e xa esta.
O do fantasma e curioso como mirou o programa ai unha cara dunha persoa con gafas. Logo puxen mais fotos no mesmo sitio e non apareceu nada raro. Ao millor era verdade que habia un fantasma...Nunca o saberemos.

 

Post a Comment

<< Home