O sabado saimos de manha cara Winston-Salem que esta a duas horas de
Warrenton. Topamos a oficina de informacion e fomos visitar Old Salem pero facia muitiiiisimo frio. Corria unha xistra de mil pares e non se paraba co frio. Logo tamen quedamos sen pilas para a camara de fotos.Dali marchamos para o hotel onde deixamos as cousas e fomos visitar Bethabara. O frio puido conosco e marchamos a un
centro comercial e dali para a habitacion.

O domingo xa fixo millor tempo e volvemos a Bethabara para percorrelo de vagar e facer fotos xa con pilas.
Bethabara era unha aldea duns relixiosos moravios de Alemanha e tinhan unha empalizada rodeando as casas. E un sitio bo para facer fotos e ver as cabanas antigas de troncos e barro.
Como facia bo dia (relativo) tiramos para
Pilot Mountain que e unha montanha que sobresae na paisaxe case cha desta zona. Pateamos bastante e o Colin acabou con malletas que agora baixa as escaleiras de lado.
E caminho a Old Salem paramos

nunhas 'pulgas" que son os mercados de segunda man onde podes atopar de todo entre chambonadas e cousas curiosas como por exemplo bicicletas-tandem (onde miraches ti unha a vender ?) ou un carro de bolas

ou carrilana coa forma dun coche de carreiras antigo. Tamen un home regalaba cancinhos ben bonitos que non e todo vender neste pais.Dali fomos a
Old Salem onde xantamos e tomamos biscoitos feitos na panaderia que leva funcionando mais de douscentos anos e que os fai ben saborosos.

A panadeira atendia coa roupa de estilo antigo e facia as contas no ordenador. Vaia mistura !.
Despois iamos parar
nunha casa que din que e a mais rara do mundo e non nos parecia asi que aforramos eses cartos. Logo paramos no Whole Foods de Durham e tiramos para casa.
E iso e todo. Deica manha.
7 Comments:
Grazas a ti estamos viaxando polos EEUU sen saír da casa. Por certo, que tiña esa esa de especial para ser, segundo eles, "a máis rara do mundo"? Un saúdo.
Tenha coidado coas meigas ;-)
Unha viaxe fermosa e apacible. Coincido con Veloso que nos fas coñecer os EE.UU
Unha aperta.
:)
Amigo Pedro entre a ti e a miña filla facedesme aprender a xeografia dos eeuu, coido que endexamais tanta souben coma arestora.
Unha aperta
Que envexa! e eu sen saír da casa en toda a fin de semana! :)
graciñas pola viaxe e por facerme coñecer Salem por algo máis que as Bruxa de ...
unha aperta
Gracias a todos polos comentarios.
A verdade e que hai aproveitar o tempo e as ganhas e pegar unhas voltas polo mundo adiante.
Unha aclaracion; neste pais repitense muitisimo os nomes de lugares e o Salem que visitamos esta fin de semana non ten nada que ver co Salem das bruxas que visitamos o catro de setembro e esta perto de Boston, mui ao norte.
Un saudo a todos.
Ah, vale. É que eu viña preguntar precisamente iso, o das bruxas.
:)
Post a Comment
<< Home