Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Fin de semana tranquila

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, January 22, 2006

Fin de semana tranquila


Si. A fin de semana foi tranquilo e sen grandes novidades.

Onte sabado aparte de fozar polo mundo artificial este da aranheira fomos a Rocky Mount a ver prezos de camaras que Cris e Tonho andan detras dunha despois do desastre da outra que se esmendrellou e a marca non llela repara nin lles da unha nova.
No seran perdemos a actuacion deste grupo de fe que sae retratado na foto e estivemos vendo unha peli en DVD que vai de xente solitaria que se xunta e non semella unha pelicula americana. De feito recibiu premios en Ourense e Donosti.

Hoxe domingo estivo o dia gris. A manha adiqueina a facer safari fotografico pola zona para dar de comer a este blogo tan agoento. Pola tarde fomos nadar e logo tiramos para casa que xa estaba a chover. E estivemos a mirar Spiderman 2. Como ves, non hai muito movemento por estes lares.

A ver manha.

3 Comments:

At 12:01 AM, Blogger Veloso said...

De cando en vez non vén mal unha fin de semana de descanso e relax. E tampouco está nada mal compartila cun superheroe tan estresado e melancólico como Spiderman. Un saúdo.

 
At 1:48 AM, Blogger nenodanorita said...

Esta fin de semana para min tamén foi de relax (non fixen quilómetros), adiqueime a colocar as cortinas da casa, cousa que a miña santa agradeceu tremendamente.

 
At 2:23 AM, Anonymous Anonymous said...

Espero non cabrearte muito...
Pásate polo meu blogomillo...
Bicos.

 

Post a Comment

<< Home