Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Futbolins e Colineta

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, January 07, 2006

Futbolins e Colineta



Hoxe fomos a unha tenda de deportes en Raleigh. Ali hai de todo: dende futbolins con luz e tres porteiros ata sudokus electronicos pasando por material de deportes tipicos e outros non tan conhecidos na terrinha coma o lacrosse, xogo dos indios americanos que agora ten exito entre brancos dos EEUU.

E seguindo co tema do futbolin, eu sabia que o inventor era galego e busquei pola interrede adiante. Na ilustracion sae o inventor do futbolin, un galego de Fisterra que tivo unha vida de pelicula e podes comprobar aqui. En canto a futbolins dicir que descubrin que os hai a tamanho natural e debe de ser unha risa xogar a iso. Tamen descubrin que se non tes rival para xogar ao futbolin hai un futbolin robotizado contra o que podes botar unhas partidas. Cousas veredes !.

Virando de rumbo. Hai outro galego que escribe un blogo sobre gastronomia premiado e que cumpre un ano hoxe. Queixase pola falla de comentarios aos seus escritos. Eu non sei porque sera iso pero e asi. Ai queda a ligazon para o seu blogo que podes visitar e onde fala de alimentos afrodisiacos, homes que non lles gusta a tortilla e trucos para dar sabor ao roscon de Reis por nomear so alguns dos seus ultimos posteos.

Pois nada, que che aproveite e a ver manha de que falo.

9 Comments:

At 8:34 AM, Anonymous Anonymous said...

Sempre nos contas cousas de interés polo menos para o meu gusto. e a presntación que non fas de Colineta paréceme moi apetecible.
Gracias polo teu ben facer...
Unha aperta de agradecemento.
:)

 
At 8:37 AM, Anonymous Anonymous said...

Trabuqueime nas palabras jajaja
Repito:
Sempre nos contas cousas de interés polo menos para o meu gusto. A presentación que nos fas de Colineta paréceme moi apetecible.
Gracias polo teu ben facer...
Unha aperta de agradecemento.
:)

P.D Agora si.

 
At 6:34 PM, Blogger Paco Penas said...

A min dame medo comentar despois desa muller tan perfecionista e a que quero xa moito.
Bueno, que o inventor do futbolin fose galego non me sorprendeu. Xa se sabe que os galegos somos os mellores argalleiros. (despois vou mirar se a palabra argalleiro é a correcta.
E a páxina de Colineta tamén a coñecia, entrara nela un par de veces porque sempre ando a ollar páxinas gastrónomicas.
E que máis, que xa van sendo horas de ir a durmir.
Un saudo desde outro lado do Atlántico.

 
At 6:39 PM, Blogger Paco Penas said...

ARGALLAR. 1_mentir, 2_maquinar, tramar
...Bueno, pois pódese dar por correcta as tres, se falamos de galego. PoRque tamén os hai mentireiros, eh...jaja

 
At 7:30 AM, Blogger Laurindinha said...

Eu descubrín quen fora o inventor do futbolín grazas a canción dos Diplomáticos...

 
At 12:02 PM, Anonymous Anonymous said...

Quedei abraiado cando achei un Blogomillo que se chamaba eueoseeuu, tiven que lelo varias veces ata que me decatei do que queria dicir. Sigo a sorprenderme cada vez que lle fago unha visita, sempre atopo algunha cousa que non sabía.
Unha aperta.

 
At 3:07 PM, Blogger hojasdehierba said...

O sudoku e un deporte ¡guaiiiii! ;)
Unha aperta.

 
At 4:14 PM, Blogger Nemeth said...

Grazas aos diplomáticos e as súas odas, sabía da existencia de alexandre de fisterra. De colineta non sabía, e desde xa son un incondicional. Graciñas múltiples

 
At 7:11 PM, Blogger acedre said...

Gracias a todos polos vosos comentarios que a ninguen lle amarga un doce, non ?.
Eu procuro escribir o que se me ocorre e de maneira amena e apoiar o que comento con ligazons. A pena e que muitas son en ingles e suponho que non todolos que me len poden aproveitalas.
E nada. Vou seguir co blogo e repito as gracias.

 

Post a Comment

<< Home