Futuro fantasma

Hoxe amenceu con neboa mesta e o caminho para o traballo semellaba fantasmal. Esparexidas aqui e ala hai granxas abandonadas que xorden da vexetacion espida polo inverno.
Non podo evitar pensar no futuro de muitas poboacions pequenas que van morrendo ou xa morreron hai un tempo atras.
No blogo de Nemeth fai a descuberta dunha paxina con vilas abandonadas nos EEUU da epoca mineira.
Por onde estamos nos a cousa non e tan esaxerada pero a xente emigra a Nova York, Philadelphia ou outras cidades. Cada vez menos xente adicase ao cultivo de algodon, tabaco, boniatos, soia ou a cria de vacas (a cria de pitos hai anos e anos que desapareceu) e as poucas fabricas que houbo na zona estan pechando unha a unha as suas portas.
Na terrinha tamen desaparecen aldeas e costumes como resalta Ian no seu blogo.
Suponho que sera lei de vida e estas aldeas serviran de base de muitas lendas e contos para as xeracions futuras.
E unha noticia na terrinha que non e triste nin e conto e esta dun lobo vivindo en pleno Monforte. Disfrutaa.
5 Comments:
O do lobo de Monforte si que estivo ben...
Aí atrás tamén baixara un xabarín de paseo unha noite por Pontevedra, fora ata a Alameda...
Curiosamente, a esperanza (refírome ás nosas aldeas) está na inmigración. Xa se están a instalar entre nós familias de romaneses, ecuatorianos, netos de galegos retornados... Eles son o futuro. Abrámoslles a porta.
A noticia do lobo atontoume tanto que olvideime de comentar...
Vexo que en todas partes se vacía o mundo rural. É unha verdadeira pena...
Bicos.
É unha lástima a desertización do rural, unha atrocidade...
Un beijo rural.
:)
Os animais non saben de fronteiras e andan ao seu aire por onde poden e asi aparecen nos ssitios mais insospeitados.
Hai anos tamen paseou un xabarin por Vigo que o mirou un amigo meu e fregou nos ollos que non cria o que estaba vendo.
En canto a repoboacion por inmigrantes eu non estou de acordo coa opinion de Veloso. Os inmigrantes instalanse a maioria nas cidades ou en vilas pero non se instalan nas aldeas co que seguen esmorecendo.
Sera lei de vida pero que lei mais mala, non ?.
Post a Comment
<< Home