Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Lembras cando que dician:"xogas coma unha nena" para insultarte ?

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, January 09, 2006

Lembras cando que dician:"xogas coma unha nena" para insultarte ?



Onte domingo estiven con internet a voltas (demasiadas) e aproveitei tamen o bo tempo para sair un momentinho e apanhar noces 'pecanas' aqui ao lado.

Cris e Tonho apareceron cedo e Tonho vinha cargado cos agasallos de Reis traidos dende a vella monarquia da outra beira do mar.

Logo Ana mais eu fomos nadar e fixeime na socorrista que levaba unha camiseta de futbol feminino cunha mensaxe en ingles que vinha a dicir o texto que ponho de titulo. Pensei un pouco e e verdade. Antes xogabas sen forza ou sen xeito e xa che dician os companheiros que eras unha nena. Suponho que algo cambiaria a cousa anque este tipo de ideas son dificiles de cambiar.
Aqui nos EEUU as mulleres non so son "cheerleaders" senon que xogan a muitas cousas e no futbol como entendemos na terrinha (o 'soccer" daqui) ten mais importancia a liga feminina que a masculina. E dende logo eu prefiro ver pernas femininas polo campo adiante que masculinas por mui depiladas e ben formadas que estean.
As mulleres xogan outros deportes iguais que os dos homes e unha excepcion e o 'softball' que e coma o beisbol pero que se diferencia na forma de lanzar a pelota.

E isto e o que conto hoxe que hai que madrugar e xa e tarde.

3 Comments:

At 3:01 PM, Anonymous Anonymous said...

Non me gustan nada as diferencias neste senso, e os insultos nin mencionalos.
Unha aperta.
:)

 
At 3:23 PM, Blogger hojasdehierba said...

Tamén lembro que as nenas que xogabamos ao futbol recibiamos insultos ás veces...
E non sempre doutros nenos.
Unha aperta.

 
At 7:27 PM, Blogger acedre said...

O futbol aqui e cousa de mulleres mais que nada. Logo tamen xogan a el latinos pero os brancos prefiren outros deportes e non sei a razon diso.
A min nunca me gustou o futbol e sempre fun malo xogando a el. Cando escollian equipo no recreo do colexio eu era dos ultimos en ser escollido.
Esta demostrado que para un deporte hai que valer e non hai mais e tanto pode valer un home coma unha muller.

 

Post a Comment

<< Home