Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Monstros marinhos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, January 30, 2006

Monstros marinhos



Hoxe na radio falaron dun submarino canadiano que foi atacado por un pulpo que tinha uns brazos de catro metros de longo polo menos. Aqui esta o video do ataque que evitaron revolvendo o fondo marinho cos motores do submarino. Ese pulpo xigante non e o unico monstro marinho que tamen hai luras xigantes que pelexan contra cachalotes. Nesta paxina falase muito desas criaturas misteriosas e case irreais. Para mais mitoloxia marinha galega podes consultar o blogo do percebeiro de Corme que sabe mais dun chisco da materia.

Nada, que non hai nada coma un pulpo normalinho de tamanho e posto a ferver como fai Ana nunha foto do mes pasado que por certo o pulpo dalles noxo aos americanos. Pobrinhos que non saben o que perden. E agora non sei que boto mais de menos: se a Ana ou ao pulpo.

Manha habera mais.

7 Comments:

At 12:27 AM, Blogger Veloso said...

Os turistas que veñen a Galicia quedan marabillados cando baten con letreiros coma "Festa do polbo", "Rúa do polbo" ou "Xornadas do polbo". Vantaxes do bilingüismo.

 
At 6:17 AM, Anonymous Anonymous said...

Que boa pinta ten!!!.
que aproveite.
Unha aperta para ti e outra para Ana.
:)

 
At 7:34 AM, Blogger TXARI said...

caralho co polbo do canadá , coma o colheran os do carbalhinho!!:::

 
At 10:33 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu tamén pensei en cántos platos de polbo salirían dun exemplar así...
Xa verás cando Ana leia esto...ate de mazar como a un pulpo...
Bicos.

 
At 12:59 PM, Blogger hojasdehierba said...

Certo, á familia americana do Radical dáballe apresión o polbo, e iso que levan sangue galego...
Unha aperta.

 
At 7:16 PM, Blogger acedre said...

Si, Ana estaba asustando o pulpo. Menos mal que era de tamanho regulamentario e pode erguerse cuns garfos. Se chega a ser o de Canada para repartir no Carballinho haberia que erguelo cunha grua.
Todalas culturas son distintas e no aspecto gastronomico notase dabondo. Os norteamericanos son capaces de comer unha hamburguesa feita con restos e logo fanlle ascos a un pulpo que o miran feo. O da lamprea si que e noxo o que senten por ela. Sera como comer nos cascudas ou saltons.
O das pipas lembrame unha vez en Inglaterra que estabamos nun pub comendo pipas e deixamos as cascas no cinseiro. O camareiro viu baleiralo e mirou para o cinseiro con cara de noxo e asombro e preguntou que era cunha cara que parecia dicir que andabamos cunha droga extranha.
Muralla, non lle digas nada a Ana que ao millor non se enteira.
Un saudo a todos e gracias.

 
At 10:51 PM, Anonymous Stamford Mac Repair said...

Gratefuul for sharing this

 

Post a Comment

<< Home