Morrinha
Non sei por que pero boto de menos a terrinha. Quedan menos de seis meses e hai por diante un futuro incerto. Unha igrexa deste pais tinha na sua porta este texto: O pasado e historia, o presente un miragre e o futuro un misterio. Creo que tenhen razon.
Como estou asi de choucho millor metablogueo e mandote rebotado a unha exposicion de fotos que me gustaria visitar, a un documento curioso e a Manuel Rivas cunha imaxe un chisco curiosa.
Seica manha e outro dia.
13 Comments:
Ánimo, Acedre, que non decaia ese ánimo. Disfrutade dos meses que vos faltan por aí. A moitos quilómetros de distancia, somos unha morea os que estamos atentos ás túas crónicas dos EEUU. Unha aperta.
Pois eu envéxote por poderes estar aí, fasme sentir certa morriña daqueles quince días que botei en Boston.
Agora que che había que dar o carné de bo galego ese por sentila ;-) Ánimo
O fenómeno da morriña a verdade é que me ten ben intrigada... Quizais sexa certa a explicación de Niño de la Guía!
enténdoche. eu boto en falta a casa, e iso que vivo a menos de 200 quilómetros dela...
"ANIMOR": ANIMO + AMOR
Hola Acedre, a verdade é que me costa moito imaxinar como son as cousas por Usa...pero gústame a tua visión de galego con morriña...
Animos dende Terras Galaicas...
Sabes acedre que éme moi sinxelo saber o que sintes nestes momentos, hai días en que un non está para ninguén. Saudade, morriña qué lonxe parece e que farto está un de ser emigrante, aínda que a posmodernidade nos quitase até ese calificativo.
PAZ+CIENCIA.
Disfruta dos momentos que estás vivindo agora, os seguintes ainda non chegaron.
Unha aperta ben agarimosa.
:)
Enténdote... eu tamén teño morriña e boto, como moito, dous meses en ir para alá... Ten que parecer unha eternidad.
Unha aperta.
P.D.: a ver se dentro de 6 meses temos oportunidade de coñecernos.
Penso eu que ti do que tes morriña é das vacacions de Nadal...é broma.
A terra vai estar aqui esperandote cos brazos abertos.
Pois o único que quere dicir o teu sentimento é que es galego. Parabéns.
Súmome as voces de solidariedade contigo, e tamén as que compartillan ese sentimento. Aínda que eu "só" teña uns 700 km. Disfruta do tempo que che queda fóra, aprende, olla o mundo desde outros ollos. Eu tomo este 'exilio' como unha aprendizaxe de experiencias a aplicar cando volte, algún día...
unha aperta
Gracias a todos polos animos. Dicir que a cousa non foi nada grave e que xa estou coas pilas postas.
A teoria da radiactividade natural galega como influinte na morrinha non a conhecia. Sabia que o granito e un material mui radiactivo e sendo eu do Porrinho e coa minha experiencia como canteiro e traballador do sector ben que puiden absorber bastante radiactividade. Non sei, ao millor transformome nun Supermorrinhoso...
Repito, gracias a todos e aqui sigo cos meus relatos e vos seguide cos vosos, vale?.
Post a Comment
<< Home