Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Organizacion

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, January 20, 2006

Organizacion

Os norteamericanos unha das cousas boas que tenhen e o relacionado coa prevencion. Por exemplo, no instituto de Ana fan simulacros en caso de tornado, tamen no caso de que haxa un incendio e ata hai simulacro para evitar estas matanzas que de cando en vez suceden de rapaces armados que se ponhen a disparar a companheiros e profesores. O bo destes simulacros e que soa a alarma no codigo correspondente e todo o mundo sabe que facer. Asi o dia que pase algo de verdade (ogalla que non se dea o caso) a xente toda sabe como actuar e farao con naturalidade e sen histerismos pensando que e outro simulacro mais.
Este tema veume a cachola pola catarreira que tenho que o mercores soou a alarma de incendios na piscina do YMCA e ala estivemos os catro nadadores fora da auga, mollados e a piques de sair para a rua. Foi unha alarma falsa e logo volveu soar e outra vez fora da auga e asi unha terceira vez mais. O caso e que con tanto baile papei muito frio e agora ando coas napias vermellas e inchadas.
E remato falando de instrucions curiosas en maquinas expendedoras de condons onde explican os pasos a seguir para conseguir os condons. O mais simpatico e que aclaran que hai que meter as moedas todas na mesma ranura. Por falta de explicacion que non sexa. Ai che queda a foto e despidome ata manha.

3 Comments:

At 5:44 AM, Anonymous Anonymous said...

Nosoutros na escuela solo faciamos mui de tanto en tanto o simulacro de aviso de bomba e de lume...
Está ben prevenir esas cousas...
Bicos e cuida ese catarro.

 
At 6:05 AM, Anonymous Anonymous said...

Muy bueno,g,g,g...lo d la maquina d condones,cuidat.

 
At 7:54 PM, Blogger acedre said...

Aqui avisan en todo. Para abrir unha botella de champan tenhen tantos avisos que ata da medo abrila.
Saudos a todas.

 

Post a Comment

<< Home