Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Reis e Befana

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, January 06, 2006

Reis e Befana



Hoxe e o dia de Reis e en Italia vai a Befana repartindo agasallos ou carbon segundo o rapaz foi bo ou malo. A Befana (deformacion da palabra Epifania) era unha vella que acomodou aos Reis Magos no caminho de Belen. Eles convidarona a acompanhalos pero ela dixo que tinha cousas que facer na casa e quedou. Mais tarde mudou de idea pero xa non topou aos Reis polo caminho e non deu chegado a agasallar ao neno Xesus. A partir daquela, ela percorre o mundo buscando ao neno Xesus e reparte xoguetes e lambonadas ou carbons a todolos nenos que atopa esperando dar dunha vez co neno Xesus. A Befana non e a unica que reparte regalos que aqui hai mais.

Por aqui todo ben. Ana explicoulles aos alumnos (aqui hai clase e o dia e laboral ) a historia dos Reis e mandoulles escribir unha carta pedindo cousas. A maioria pedia "ropa", "calzado", "mucho el dinero", "el carro", "la licencia", "joyas", "aprobados en espanhol", etc, etc.

Estivemos lendo as cartas mentres bebiamos champan californiano (xa beberemos do catalan na casinha) e picoteabamos no roscon de Reis mexicano e no turron de mousse de chocolate que chegou na maleta de Cris hoxe. A maleta apareceu hoxe despois de seis dias e faltan os chourizos requisados polo servizo de agricultura dos EEUU.

Neste momento Cris esta en Washington que foi buscar a Tonho que chegou hoxe.

E iso e todo. Que os Reis foran xenerosos convosco.

6 Comments:

At 5:16 AM, Anonymous Anonymous said...

Bonita historia a da Befana e as outras que descubres no teu Blog. Gracias por recomendar a "Carta dun deno de despois da Guerra". Decatome que a ollaches con bos ollos. Que os reises che trouxeran moitas cosas. Os anos da victoira, por sorte, xa pasaron; agora son anos de irmandade e os nenos poden pidir o que lle dea a gana.

 
At 7:47 AM, Anonymous Anonymous said...

Descoñecía a historia da Befana e gustoume.
Hai muita diferencia entre as cartas dos rapaces de hoxe e a do Pepiño, pero tamén os tempos son outros, gracias a Dios.
Ah, os reis, algo trouxeron...
Bicos.

 
At 12:53 PM, Blogger eue said...

A min encantoume o Armadillo de Hannuka, que saía en Friends porque se acabaran os disfraces de Pai Nadal.

Grazas por defender a variedade ;-)

 
At 2:40 PM, Blogger Peke said...

MOi bo o teu primeiro enlace. Descubrín cousas que ignoraba. Feliz 2006.

 
At 8:30 PM, Blogger acedre said...

Isto da interrede e un puzo sen fundo: descubrense cousas marabillosas e mundos distintos. Encantame que vos guste.
Viva a variedade e a imaxinacion !.

 
At 11:46 PM, Anonymous Anonymous said...

Good brief and this post helped me alot in my college assignement. Thanks you on your information.

 

Post a Comment

<< Home