Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Reis Magos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, January 05, 2006

Reis Magos

Hoxe e vispera de Reis e non se nota para nada neste pais, polo menos nesta zona. As casas xa quitaron as luces e adornos e quedan mui poucas co eles. Os mexicanos tenhen a celebracion dos Reis pero cando viven neste pais xa a perden bastante. Os da radio estan regalando roscas de Reis e eu merquei unha nunha panaderia mexicana de Henderson e non se pode comparar coas da terrinha pero fai a funcion. Nin polo prezo nin polo sabor.
En Nova York sei que fan a cabalgata de Reis organizada por hispanos da cidade. Contoume unha amiga que botou unha tempada nesa cidade. E falando de amigos, o amigo Pepe ten unha carta de Reis que vale a pena ler.
E asi pasou este dia sen muita novidade. Manha sera outro dia.

3 Comments:

At 6:29 AM, Anonymous Anonymous said...

Estou dacordo contigo, ainda que prefiero os Reis.
Espero que ainda que lexos, che deixaran algunha cousa.
Bicos.

 
At 2:58 PM, Anonymous Anonymous said...

Un beijo de reis.
:)

 
At 7:01 PM, Blogger acedre said...

Pois merquei uns zapatons que os que tinha chiaban se lle entraban auga.
Bicos de Reis para volas duas que parece que a outra xente esta liada coa celebracion.

 

Post a Comment

<< Home