Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sabado soleado

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, January 28, 2006

Sabado soleado



Hoxe fixo un dia primaveral. Pola manha Ana foi a un curso onde falaban de pobreza. O bo do curso e que pagan e non pouco. Eu andei pola interrede e fun a biblioteca que Ana queria un libro para ler esta semana. En Warrenton non habia grande novidade. Habia unha reunion da chobenalla ou xuventude do trebo dos 4 H. Tamen habia xente nas perruquerias: os brancos nas dos brancos e os negros nas dos negros coma sempre. Tamen habia un enterro na funeraria dos negros e estaban os vellinhos de todolos sabados vendendo productos Avon na rua.

Bueno, que lle collin o libro "The Icarus girl" de Helen Oyeyemi, unha rapaza nixeriana que vive en Londres. Xa contarei que tal esta.

Pola tarde fomos a Macon a unhas cinco millas de onde vivimos agora e que foi o primeiro sitio onde vivimos ao chegarmos aos EEUU. Demos unha volta polas casas abandonadas (a foto e dunha delas) e a escola abandonada e co tellado estrado da cachicha dos avutres. Logo fomos ata o lago Gaston e estabamos facendo fotos cando se acercou un home que se ofrecia a facernos unha foto de grupo. O home preguntounos de onde somos e el comentou que esta casado cunha das illas Azores, da Terceira en concreto. Despois vinhemos para casa e aqui andamos.

Eu fixen un paseo virtual por Monteferro gracias a Apunta que vou engadir a minha xa longa lista de ligazons. Parece ser que os avutres inmobiliarios van escarallar a costa galega. Outra vaca mais no millo.

E mais nada. Ata manha.

3 Comments:

At 3:24 AM, Anonymous Anonymous said...

Que sábado tan soleado tiveches, o meu foi un pouco máis apagadiño...
Unha aperta.
:)

 
At 7:48 AM, Blogger Peke said...

Por Galicia vai moito frío. Eu vivo moi preto de Monteferro e non estaba informada do que acontece. Deben de levalo moi en silencio porque destas cousas sempre me informo.

 
At 4:54 PM, Blogger acedre said...

Foi un sabado bonito, si.
O de Monteferro pareceme unha animalada. A ver se te informas ben en que queda o tema ese que dame mala espinha.
Un saudo para as duas e a abrigarse.

 

Post a Comment

<< Home