Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Vezos, manias

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, January 23, 2006

Vezos, manias

...habitos, costumes, teimudeces, barrenes, terqueos, cabezonadas...En fin, cousas que fai un que non son mui normais.

A minha amiga Muralla embarcoume nisto e non me vou encomodar por tal cousa.
As normas do xogo son: No meu blogo escribo cinco manias, vezos, habitos ou o que sexa que tenho e que son raros. Feito isto, nomeo cinco persoas e ligo os seus blogos. A estas persoas pasolles a bola suponhendo que me lean isto.

Agharraivos que empezo. Aclarar que os meus habitos raros que non foi mui doado topalos porque para min todo o que fago e normal. Suponho que se tivese mais tempo toparia mais.

Dito isto, ai os van:

1- Madrugar de mais. A min gustame chegar con tempo e facer as minhas cousas con calma. Asi que me ergo as cinco da manha para entrar no choio as sete e vivo a media hora de Revlon. Esta mania e rara de mais, non ?.

2-Hipnotizarme con matriculas de coches. E unha mania que tenho pero que vai a menos, por sorte. Se estou nunha terraza busco as matriculas dos coches que pasan e memorizoas. Fagoo inconscientemente e chega a ser mui agotador asi que me ponho de costas a estrada. Houbo un tempo que eu conhecia as matriculas da maioria dos meus vecinhos e amigos.

3-Usar cuberteria canto mais pesada millor (xusto ao rives de meu pai). Se me dan a escoller collo os garfos e as culleres mais grandes anque sexa para un iogur ou uns pinchinhos.

4-Buscar pelos, lixos e demais obxetos extranhos na comida e na bebida. Iso, en vez de disfrutar da comida o primeiro que fago e explorar na busca deses elementos. Iso si, non son escrupuloso e aparto a "descuberta" e sigo papeando como nada.

5-Mania de consultar palabras que non conhezo ou temas que desconhezo. Cando oio ou leo algo que non sei procuro informarme en enciclopedias ou internet ou preguntando que para iso non tenho vergonza ningunha. Non paro ata que me documentei. Esta mania e boa para a aprendizaxe pero chega un momento que e excesiva.

E agora pasolles a bola a:

Pepe

Falabarato

Laurindinha

Nemeth

Veloso

............................espero me perdoen e sigan o xogo......................

12 Comments:

At 11:37 PM, Anonymous Anonymous said...

Acepto gustoso. Cando teña un minuto falo das miñas rarezas.
Unha aperta.

 
At 12:15 AM, Blogger Nemeth said...

aceito o reto, apunto a tarefa e perdonolle o que faga falta ;)

 
At 12:41 AM, Blogger eue said...

Encántame o xogo e o post! É a quintaesencia do blogueo.
Eu coñecía un tipo en Vigo que sabía onde ían os coches roubados porque paseaba moito e memorizaba matrículas.
Eu busco palíndromos nos letreiros dos comercios...

 
At 2:33 AM, Anonymous Anonymous said...

Fíxome muita gracia o das matrículas dos coches...
A min tamén me gusta chegar a tempo os sitios, e a esola sempre chegaba media hora antes de tempo...
Gracias e bicos.

 
At 5:18 AM, Blogger verdello said...

sempre te leo aínda que nunca postara (gusto moito do teu bló) e comparto con eue a opinión deste post, así que me animei porque me fixo moita gracia o das túas manías. comigo métense moito porque son unha auténtica maniática (tipo Jack Nicholson, disque...). no da puntualidade... moi mal. todo ao revés ca ti. como odio esperar, sempre chego tarde para non ter que agardar eu (non me estraña que me berren...) e co da comida eu tamén teño unha manía (non busco pelos nin lixos pero sempre sempre sempre a ulo antes de comela). nos restaurantes míranme raro e teño que facer números para ulir disimuladamente...
saúde e saudade!

 
At 7:11 AM, Blogger llll said...

eu tamén teño unha manía coas matrículas dos coches. penso un número e póñome a facer sumas restas multiplicacións ou o que faga falta cos números da matrícula ata que dá exacto.

 
At 11:52 AM, Anonymous Anonymous said...

xa puxen algunhas das miñas manias. ¡Cadaquén ten as súas!..Coas de todos xa se podía facer un libro ben grande
Unha aperta

 
At 2:17 PM, Blogger Kiko Novoa said...

Ai, Deus!!! Erguerse ás cinco da mañá!!! Eu son ave nocturna... é o que ten o do xornalismo...
Eso non é unha manía... É UNHA TOLEMIA!!! (A esa hora xa tarán postas as beirarrúas?)
;)

 
At 5:58 PM, Blogger torredebabel said...

Acedre!!! eu como Kiko non podo crer iso de erguerse ás 5 da mañá e é polas mesmas razóns profisionais. Pero teño tamén a miña manía coas matrículas dos coches e lembro todalas dos coches que tivo o meu pai na sua vida. Home! que xeito parvo de gastar a memoria, non?? Apertas!!!!!! e gustoume moito o xogo!

 
At 5:13 PM, Blogger hojasdehierba said...

O das matrículas... agora non, pero houbo unha época na que sempre comprobaba se eran múltiplos de 3. Tamén tiven unha paranoia cos números primos...
Unha aperta.

 
At 7:13 PM, Blogger acedre said...

Aledome de que vos gustasen as minhas manias que son iso:manias.
Estou mirando que hai xente que lle traballa a cachola coas matriculas como Sara Jess, Hojasdehierba e Torredebabel. Outros buscan palindromos coma o amigo Eue. Hai quen ule a comida coma Verdello e outras persoas que son impuntuais porque non lles gusta esperar como ben sabe a mesma Verdello. Eu prefiro a mania de Muralla de chegar antes de tempo que coincide coa minha mania.
En fin, que hai para escribir un libro como di o amigo Pepe. E nese libro haberia que incluir as manias de Falabarato e Nemeth que as ponheran un dia destes.
E mais nada, un saudo a todos e gracias polos comentarios.

 
At 8:37 AM, Blogger Laurindinha said...

Pois xa está o traballo feito, xa están publicadas as manías...

 

Post a Comment

<< Home