Ano nevado non pode ser malo

Hoxe estamos contentos. Amenceu todo nevado e as rapazas non tiveron clase. Eu xa temia que ia pasar este inverno sen unha nevada digna de fotos pero a natureza sabe e produciu esta especie de miragre que e cubrir todo de branco cunha beleza tan grande, silandeira e misteriosa como perecedeira.
Ana, o Colin e mais eu aproveitamos a coxuntura e fomos de paseo ata o cemiterio onde puidemos tirar algunhas fotos coa neve e algun video. O Colin gozou coa neve como acostuma gozar coa area da praia: bota carreiras e escarba coas patas. Logo afucinha no buraco e asoma os fucinhos todos larafuzados. O malo da neve e que e fria e remata tremendo o parvechinho del, pero que lle quiten o bailado.
E aqui embaixo deixo o video rodado no cemiterio. Escuitanse as minhas tripadas na neve dura e danlle un toque tetrico a gravacion. Desta volta non dixen nin pio que esta visto que o meu non e o choio de locutor: falo mui dispacio e cunha voz profunda que da medo.
E iso e todo por hoxe.
http://www.youtube.com/watch?v=1RLqgk_36bo
8 Comments:
Desde logo produce un efecto algo tétrico. Seguro que ao natural non era para tanto.
a súa voz non dá tanto medo como as localizacións! Entre a casa esa das latas e o cemiterio... mi madriña :D
por certo, lindo can!
apertas
proibido cans? e logo terán medo que leven algún oso prá casa?
Pois a mín gústame ese son paréceme que acompaña moi ben a grabación.
Un beijo.
:)
Que contentiño parece Colin, coma todo o mundo cando hai neve ;)
Apertas.
Pois eu prefiro escoitarte. :) ¿A casa das latas está nun lugar solitario?
Gracias a todos polos comentarios. Xa lle dixen a Colin os piropos que lle escribistes e el dixo "ghau".
Non acostumo pasealo polo cemiterio senon polos arredores da casa que son duas ruas paralelas. Aqui hai xente que leva os cans no coche e entran no cemiterio co coche e pasean os cans polo camposanto adiante sen problema ningun (ningun can busca osos). Gatos si que non miro no cemiterio. Fan ben quedar na casa a cuberto do frio.
En canto a casa das latas dicir que non esta aillada que esta abeirada a estrada e nun cruce de estradas. A casa non ten muros nin peches da finca (aqui e rariiiisimo iso de fechar as fincas) e esta chea da trangallada que se vislumbra no video e esta a venda a trangallada esa.
A minha voz e asi: profunda e falo lento. Ana di que ainda falo mais lento cando gravo algo. Logo oio a minha voz e non me gusta nada.
Bueno, un saudo a todos e gracias de novo.
Gústanme muito os cemiterios americanos, e ise nevado debe ser precioso.
O Colin está contento, como acostuman a estar os cas na neve...
Disfrutaina muito...
Post a Comment
<< Home