Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Aprendendo idiomas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, February 17, 2006

Aprendendo idiomas

Hoxe fixo mui bo dia e pola tarde fomos facer unha rota polo Medoc Mountain, a unhas vinte millas da casa. O percorrido que fixemos era de tres millas e o terreo apenas ten desnivel. O Colin andou ben anque rematou coa lingua por fora.
No choio Ana estivo gravando a alumnos de espanhol e non o fan mui mal para levar so dous meses de clases. Podes comprobalo no video de abaixo.
O video que e simpatico de verdade e o que topou o nenodanorita e puxo na sua cabaseira. Se queres rir un pouco ou sorrir como menos podes mirar a sorpresa que ten preparada para ti neste dia adicado a aprender idiomas.
http://www.youtube.com/watch?v=ADcT8CnBIoo

4 Comments:

At 9:45 AM, Anonymous Anonymous said...

Aquí en santiago, un día malísimo: con moita chuvia, granizo, vento e de cando en vez algún lóstrego. O día perfecto para son sair da casa a nada...
Unha aperta.
:)

P.D leiches o que che puxen no meu blog?.

 
At 3:39 PM, Blogger Laurindinha said...

Moi interesante o vídeo... o certo é que as veces dasme moita envexa...
E si, como di Marinha... por aquí o día foi de temporal...

 
At 3:40 PM, Blogger Laurindinha said...

Que digo ás veces... sempre me estás dando envexa!

 
At 5:32 PM, Blogger acedre said...

Pois o sabado aqui tampouco fixo mui bo tempo. Pola manha o ceo cuberto dun masa uniforme e gris de nubes anunciando neve e as once empezou a neviscar pero non chegou a callar no chan.
Un saudo para as duas e gracinhas pola visita.

 

Post a Comment

<< Home