Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Auganeve e cinema

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, February 18, 2006

Auganeve e cinema



Hoxe quixo nevar pero foi unha neviscada que non callou. A auganeve caia no chan e desfaciase. Nin na foto se aprecia a neviscada. Quizais o luns. Ainda non se sabe.

E aproveitamos a tarde para ir ao cinema a Rocky Mount a mirar a pelicula "Brokeback Mountain". Dicir que os escenarios son marabillosos co esas montanhas impresionantes. Os protagonistas non eran exactamente vaqueiros que eran pastores de ovellas e habia hispanos cuidando ovellas tamen (preguntome se serian parte dos bascos que emigraron a esa zona para cuidar ovellas). E a pelicula trata da relacion entre os protagonistas e as suas relacions coas familias respectivas. Por suposto que isto crea unha luita entre o que "deben" facer e o realmente desexan facer. E diso trata a pelicula que non vou contar mais.

Un saudinho.

11 Comments:

At 3:48 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Sorte que tes... eiquí en Libredón caeu un trebón tremendo. Ademáis dos tronos enriba das nosas cabezas (os meus dous gatos aínda non se recuperon do susto), non parou de chover e sarabiar... había momentos en que caía tanto pedrazo que o chan estaba branco.

Nós, que xa foramos ver "Brokeback", aprovaitamos para facer unha cea cos amigos: churrasco e codillos!

 
At 10:09 AM, Anonymous Anonymous said...

Xa nos contarás da película teño ganas de vela...
Unha aperta.
:)

 
At 10:29 AM, Blogger eue said...

Aquí por Compostela temos dioivo, e tamén está a caer pedra por momentos.
Xa vimos os montes nevados e o tempo recrúa.
Pemán-eue informando. ;-)
Boas noites e ata mañá

 
At 10:55 AM, Blogger Peke said...

Aquí en Nigrán comeza a calmar, pero levamos dous días de trebón continuo.
Bicos.

 
At 11:07 AM, Blogger hojasdehierba said...

Esta a facer mal tempo mesmo aquí: hai vento, como moito un par de días ao ano e este fin de semana foi un deses... Menos mal que o Radical voltou enteiriño de Galiza, que non as tiña todas comigo de que andase por aí no coche con este tempo.
Apertas.

 
At 1:18 PM, Blogger Laurindinha said...

A auganeve é do peor... Friísima pero sen o encanto das folerpas...
Un saúdo!!

 
At 4:48 PM, Blogger torredebabel said...

coido que a luita entre o que debese facer e o realmente desexase facer é do que tratan todalas vidas neste mundo... Xa teño ganiñas de ver a peli!

 
At 7:43 AM, Blogger Vicente said...

Unha película marabillosa, aínda que o desenlace non por esperado deixa de ser desacougante, e iso que non gosto dos happy-ends de toda a vida.

 
At 12:17 PM, Blogger Nemeth said...

Eu gostei moito da película e da interpretación dos actores.

Aquí baixaron de golpe as temperaturas, fai vento (ao contrario que onda hojasdehierba, aquí non fai vento só dous días ao ano), pero non chove.

 
At 12:20 PM, Blogger besbe said...

Seguimos co parte, hoxe saraivou por aquí e colleume a min no medio do camiño. Que bonita sensación a de ir pisando a pedra. Xa había moito tempo que non o facía e por novo, foi bonito.

E sobre a película: hai que ser conscientes de que temos un principio e un remate. Procuremos que todo o que estea no medio sexa o que realmente queremos facer.

 
At 6:50 PM, Blogger acedre said...

Gracias a todos polos comentarios.
O tempo seica anda tolo pola terrinha. Aqui anda tolo tamen. Un dia esta de primavera e noutro dia as temperaturas baixan un monton.
Asi sonche as cousas.

 

Post a Comment

<< Home