Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cabaleiros confederados do KKK

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, February 06, 2006

Cabaleiros confederados do KKK



Pois si, hoxe apareceu unha nova no periodico de Henderson "The Daily Dispatch" tratando da polemica que crea un numero do Ku Klux Klan na guia de telefonos que temos na casa. Resulta que o numero leva vinte anos na guia telefonica e agora queren sacalo. A companhia telefonica Sprint di que non vai retiralo que non e ilegal e que a chamada e vontaria e que pode chamar quen queira. Tamen din que este e un pais de discurso libre e que as palabras non ofenden. Ponhen de exemplo os ateos que poden reclamar que hai igrexas na guia telefonica.
O debate esta servido por aqui e agora a xente que esta en contra quere buscar que cometan algo ilegal para poder retiralo do listin. E asi esta o tema: estancado de momento.
Do resto sen novidade.
Ata manha.

11 Comments:

At 1:16 AM, Anonymous Anonymous said...

Máis que sorprender, mete medo. Levan o da “liberdade” a uns extremos que asustan. Porque deixar andar por aí, ceibes, sen bozal, nin correa, nin camisa de forza, a eses chiflaos... manda carallo.

 
At 1:21 AM, Blogger nenodanorita said...

Curiosa situación, o normal será que o manteñan, sobre todo porque se US Sprint o retira sen causa fundada que o xustifique seguramente se enfrentará a unha demanda que lle servirá ó KKK para financiarse durante anos.

 
At 2:20 AM, Anonymous Anonymous said...

God Bless America! Por certo viches a docu-peli CSA: Estados Confederados de América... Estivo proxectada no cineuropa este ano pasado...

http://cineuropa.compostelacultura.org/programa/programad.php?id_e=569&lg=gal

 
At 8:50 AM, Blogger TXARI said...

eu creo que quem corre máis perigo é quem poida contestar nese número, pois quem chama sabe perfectamente que diçirlhe e que lhe dirám...

 
At 11:55 AM, Anonymous Anonymous said...

Un pais no que se leva a libertade a o máis alto e a o máis baixo...
Bicos.

 
At 2:08 PM, Blogger Vicente said...

Que medo!!!

 
At 3:36 PM, Anonymous Anonymous said...

Algo de medo da, si.
Unha aperta.
:)

 
At 7:55 PM, Blogger acedre said...

O KKK representa hoxendia unha minoria mui pequena e sen importancia por aqui. Non tenhen poder e tampouco fan ningunha accion. Mui de vez en cando hai casos esporadicos de queima de cruces diante de igrexas ou casas de negros pero non se sabe se e obra deles ou de "bromistas". A ultima foi en Durham, a unha hora de onde vivo, habera seis meses. Nesa ocasion queimaron unha cruz diante dunha igrexa pero crese que foi unha gamberrada.
Eu penso que tenhen dereito a ser escuitados...pero dali a facerlles caso.
Gracias por comentar e non pasedes medo que isto e mais anecdotico que problematico de verdade.
Tenho ganhas de ver o documental CSA. A ver se cadra un dia...

 
At 1:59 AM, Blogger Laurindinha said...

Pois eu tamén estou algo sorprendida... mais non me sorprende o máis mínimo vindo de quen ven...
como se non fixeran cousas semellantes cada día que pasa...

 
At 12:10 PM, Blogger Nemeth said...

vaia bromiña a de queimar cruces! quédome coa apegota de atrancar os carros nas corredoiras, que fode pero non acolloa...

 
At 4:10 PM, Blogger torredebabel said...

a primeira sensación, claro, é a sorpresa. Pero, pensando no asunto, o malo non é o número no listín senón que ainda haxa quen teña idea de chamar. As tuas histórias son radiografías dese país, acedre!

 

Post a Comment

<< Home