Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: A Casa das Latas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, February 19, 2006

A Casa das Latas


Hoxe fixo un dia soleado pero mui friiio. Como estes dias pasamos sempre pola "casa das latas" que chamamos nos, decidinme a facerlle un minivideo para desfrute teu e meu. Esta "casa das latas" lembrame un pouco ao museu do tolo de Camelle, Man. Non sei. O que facia Man e o que fai este (ainda non lle mirei a cara) de Marmaduke, Warren County, suponho que sera arte. Polo menos reutilizan o que outros tiran e dun xeito orixinal.Pois iso, aqui queda o video para que fagas unha idea do que temos cerca da casa e de por que as veces creo vivir nunha pelicula. Polo menos hai personaxes extranhas e escenarios de pelicula, non ?.Manha seica habera algo mais.

http://www.youtube.com/?v=MAmhxBfK4FM

5 Comments:

At 11:56 PM, Blogger Veloso said...

Entre a túa voz medio misteriosa e os pasos lentos que dás e as latas, ten aire de película de terror. Parece que vai saír un psicópata de calquera deses coches ou de detrás dunha bandeira. Un saúdo.

 
At 8:16 AM, Blogger TXARI said...

hai muitos museus coama este, de gemte que reutiliza e recicla, mais ogalhá todos tuveran o espiritu contagioso que emanaba o de man en camelhe, o mar também ajudaba muito...

 
At 11:40 AM, Blogger hojasdehierba said...

Téñome que conformar coa foto, non me funciona o vídeo... mágoa, gostaba de oír a voz de Acedre.
Una aperta.

 
At 3:50 PM, Blogger torredebabel said...

sempre lembrarei a mañán que cheguei ata a casa-museo do Man, entre a névoa, e esa imaxen que me quedou gardada na memoria.

 
At 6:54 PM, Blogger acedre said...

Eu ainda non fun visitar o museu nin por suposto a Man. Foi unha cousa que me quedou pendiente e espero visitar o museu (se queda algo) pronto.
O dono disto daqui non sei quen sera pero debe de ser un tipo curiosisimo.
hojasdehierba: non perdes nada con non oir a minha voz, asegurocho.
Un saudo a todos e gracias por estardes a ese lado para comentar o que escribo.

 

Post a Comment

<< Home