Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Colectando cartos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, February 02, 2006

Colectando cartos



Onte pediume un dolar Lakisha, unha negrinha de control de calidade da Revlon. Esta Lakisha e pequerrecha pero xeitosa. Ten dous fillos e no embarazo do segundo traballou ata o ultimo dia. Tinha un bombo impresionante e andaba abanandose pola fabrica adiante que parecia que ia cair e porse a rolar en calquera momento. Esta casada cun homon que lle quita varias cuartas e que e "trailero" que e a forma de chamar a un camioneiro en espanglish. O dolar que me pediu era para a sua igrexa que xuntaba cartos para non sei que problemas duns nenos.

Aqui e mui tipico pedir cartos para todo e a xente daos sen problemas. Que un companheiro esta no hospital ?, pois o companheiro de turno pide cartos. Que unha casa arde?, outro tanto: a pedir cartos. E asi sempre e con naturalidade. Ata na tenda de mascotas cando pagas con tarxeta preguntan se queres deixar un dolar para as canceiras de cans abandonados e podes indicar que si ou optar por marcar " Hoxe non" que queda millor que dicir que non directamente.

Este habito de pedir ven a que neste pais o goberno non paga muitas cousas. Logo a xente ten que idear o que sexa para xuntar cartos. E podes ver dende bombeiros pedindo nos semaforos coa bota de traballo na man, ata rapaces nos sabados que che lavan o coche pola "voluntad". Outro metodo de conseguir uns cartinhos e o de vender comida feita por vontarios. Nesta foto do lado ponho un exemplo disto. Venden bandeixas de carne asada para conseguir cartos para o departamento de bombeiros de Hawtree.

E isto foi todo por hoxe. Ata manha.

4 Comments:

At 6:44 AM, Blogger TXARI said...

a verdade é que son ingeniosos e moi confiados, nom me extranha que logo cando saen polo mundo cren que todo o monte é ourego

 
At 8:31 AM, Blogger nenodanorita said...

Nas veces que fun a os EEUU sempre me sorprendeu a cantidade de billetes que lle soltaban ós artistas ou músicos que tocan na rua. Por acó vemos que lles deixan o que ahí sería unha quora, como moito.

 
At 12:49 PM, Blogger María M said...

Ola! Que ilusión que viñeras polo meu blog. Encantoume este post. Virei a miúdo por eiquí. Un bico.

 
At 5:29 PM, Blogger acedre said...

Pensan muito, si e son confiados porque son bastante legais con estes asuntos.
Acostumamos dicir que son orgullosos pero tamen son xenerosos e o seu pais e o que mais doa ao resto do mundo. Home, podes dicir que tenhen mais que os demais; pero iso non quere dicir que tenhan que doar mais, non ?.
Ola, Mariquinha. Espero ter a tua visita mais veces.Conta coas minhas visitas.
Gracias a todos.

 

Post a Comment

<< Home