Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Dia da Candeloria (nos EEUU dia da marmota)

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, February 01, 2006

Dia da Candeloria (nos EEUU dia da marmota)



Explicome. O dia 2 de febreiro e o dia da Candeloria "que vai medio inverno fora". En Galicia habia muita trdicion nese dia e dician que era o dia que casaban os paxarinhos e os marinheiros dabanlle voltas as tellas para que cambiase o mal vento de direccion. Tamen era un dia que se facian fogueiras e se adoraba o lume (Candeloria=candea). Eses ritos e crenzas perdense no pasado. Pero agora somos mui "listos" e perdemos eses costumes aos poucos e non se lle da a importancia que se lle daba antes.

Por outra banda, os norteamericanos brancos tenhen raigames europeas. Entre eses europeos houbo alemans que levaron a Pennsylvania ( concretamente a vila de Punxsutawney ) o costume que tinhan na Alemanha de consultarlle aos ourizos o que faltaba de inverno. Cando chegaron aos EEUU toparon as marmotas e quitaronlle o posto de predictores do tempo aos ourizos cacheiros. Co paso do tempo foi collendo fama e a marmota destes ultimos anos chamase Phil e ten un tobo con calefaccion e todo (na foto).

O ritual e asi: o dia 2 de febreiro van ali uns homes e sacan a Phil do tobo; se fai sol e Phil mira a sombra do seu rabo volve ao tobo e iso significa que faltan seis semanas de inverno. Se Phil non pode mirar a sombra da sua cola porque esta o dia cuberto iso quere dicir que o duro do inverno xa rematou.Logo hai festa con musica, comida e demais parafernalia e na vila esta xuntanse mais de 30000 persoas. E por se fose pouco ata hai unha pelicula da vila protagonizada por Bill Murray.

E este e o dia da marmota. Para que vexas que dun costume pode facerse festa e negocio. Como diria meu pai; estes americanos son finos como allos e agudos coma cebolas. A ver se aprendemos deles o que tenhen de bo.

Deica manha.

11 Comments:

At 3:51 AM, Anonymous Anonymous said...

Non sabes ben o que disfruto co teu blogomillo, porque sempre descubro cousas novas e sorprendentes.Mui boa a dita do teu pai. Apúntoa.
Bicos.

 
At 4:28 AM, Blogger Arduina said...

Certo! Hoxe estaba escoitando a Portabales (jaja, non o aturo e teño que escoitalo) e tiña alí a un tio que falou do día da marmota.
Creo que todos os que vimos a peli de Bill Murray pensamos no mesmo sempre que escoitamos "dia da marmota" :D

 
At 6:58 AM, Blogger Laurindinha said...

Co teu blog sempre aprendo algo novo... Mira que haber día da marmota...

 
At 12:25 PM, Blogger torredebabel said...

ainda que lin esta história onte, hoxe ouvina na Radio Mitre e pensei que ti a contaras moito mellor. Eu adoro ese xeito de coñece-lo mundo que tiña o home antes de ser tan "listos" como dis... Apertas!

 
At 4:35 PM, Anonymous Anonymous said...

... e tamén era costume comer cacheira, polo menos por aquí, na zona de Redondela. En Galicia non hai festa da marmota por dúas razons: non hai marmotas nestas latitutes, e porque as marmotas non se comen. De feito, si se comesen, pode que non importase tanto que non fosen autóctonas.
Eres a ponte USA-Galicia. O día menos pensado, os ianquis falan galego, he he.

 
At 7:31 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

O día das Candeas é un día especial. Xa fai tempo que non o celebro pero lembro secuencias fascinantes...
Unha aperta.
:)

 
At 9:24 PM, Blogger acedre said...

Puxen a historia do dia da marmota un dia antes para que non vos collese desprevidos.
Eu conhecina o ano pasado e caeume en gracia. Tamen por internet aprendin o da Candeloria e creo que hai paises europeos que en vez de marmota usan osos para saber se o inverno rematou ou non.
Gustame aprender e ensinar e se resulta divertido...pois millor que millor.
Para o ano terei que comer a cacheira esa de Redondela, anque non sexa de marmota.
Un saudo a todos e, coma sempre, gracias pola visita e os comentarios.

 
At 4:55 AM, Anonymous Anonymous said...

Falando das candeas:
- Sempre lembro -ainda as hai na cassa de meus pais- que cando había tormenta e iasse a electricidade colhiamos umhas candeas que tinha minha nai gardadas no salóm, bendecidas, porque era bó para que parase de tronar.
E jogome algo a que estabam bendecidas polo cura esse dous de Feveréiro ;-)

Umha aperta.

 
At 1:25 PM, Blogger ♥ meninheira ♥ said...

Encántame a peli de atrapado no tempo, nen sei cantas veces a vin!! :D

E os costumes... pois é, pérdense todos, cada día somos menos galegos e máis cidadáns do mundo, dun mundo horrivel e uniformizado. É unha pena :(

biquiños :)

 
At 10:46 PM, Anonymous Anonymous said...

[url=http://levitranowdirect.com/#cbtsj]levitra without prescription[/url] - buy levitra , http://levitranowdirect.com/#yfwbj order levitra

 
At 5:03 AM, Anonymous Anonymous said...

xanax footballs xanax 2088xanax jewelry
levitra vs viagra vs cialis levitra v viagra v cialislevitra no prescription canada

 

Post a Comment

<< Home