Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Dia da lingua materna

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, February 21, 2006

Dia da lingua materna



Enteirome que hoxe e o dia da lingua materna declarado pola Unesco.

Eu non sei mui ben como se celebra nin que hai organizado para este dia e suponho que os da Unesco queren que os gobernos e as institucions varias boten unha ollada sobre as linguas maternas e os seus problemas. E pouco mais podo engadir.

Ata manha.

10 Comments:

At 3:53 AM, Blogger Peke said...

Todos os días debían de ser o día da lingua materna.

 
At 8:40 AM, Blogger Patrice said...

...de feito, "la coz" di hoxe que o galego é a lingua materna de 1'8 millóns de europeos, e o 5% dos habitantes de España declaran que é a súa primeira fala. isto... ¿é bo ou malo?

 
At 9:59 AM, Anonymous Anonymous said...

Ogallá por moitos anos cando se celebre este día poidamos ver para a nosa.

 
At 11:04 AM, Anonymous Anonymous said...

A língua materna, na que millor fala o corazón...
Bicos.

 
At 12:07 PM, Blogger nenodanorita said...

Hai algo que non me cadra... se é a lingua do 5% dos habitantes de España... (44.108.530 persoas no último reconto do I.N.E.) non poden ser 1,8 millóns de europeos os que falen galego... deberían ser polo menos 2.205.426. Xa sei que son un tiquismiquis.

 
At 12:09 PM, Blogger nenodanorita said...

Por certo... ainda que a miña lingua materna e paterna é o galego coma a de todos os que nacemos hai máis de 30 anos na costa da morte... ¿Haberá algún dia do neofalante? Penso que teñen tanto ou máis mérito que os que sempre falamos a que nos ensinaron dende a teta.

 
At 2:42 PM, Blogger torredebabel said...

eu non sei se o galego é a miña lingua materna porque, ainda que é a que se fala na miña casa, ninguén ma ensinou xamáis. Entón, xa con trinta anos, fun aprendendo cos libros e coas clases de galego que temos en Bos Aires. Por iso, falo moi mal e escribo deste xeito que é mais castelán traducido ao galego que galego. Pero, como dí Carmiña, é a lingua na que fala o meu corazón e a memoria de todos os meus. A miña história foi falada en galego. Por iso, eu falo (mal) en galego.

 
At 3:26 PM, Blogger Nemeth said...

torredebabel, xa nos gostaría a moitos escribilo tan ben coma ti.
Pra min, lingua materna é a que se mama, nunca mello dito. Aínda que, benvidos os neofalantes...

feliz dia da lingua materna pra todos

 
At 4:07 PM, Anonymous Anonymous said...

Non sabía que había un día para está celebración.
Paréceme fermoso día da lingua materna, que lindo!!!
Unha aperta.
:)

 
At 9:23 PM, Blogger acedre said...

Penso que todos sabemos cal e a nosa lingua materna ainda que non a aprenderamos da nosa nai coma no caso dos neofalantes.
O caso mais meritorio para min e o de Torredebabel que ten todo na sua contra para falar galego e ela non se arreda.
Un aplauso para ela e gracias a todos polos vosos comentarios.

 

Post a Comment

<< Home