Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Dia do "pancake"

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, February 27, 2006

Dia do "pancake"



Cando leas isto xa e martes de entroido na terrinha. Aqui, en Warrenton, este dia e o dia do "pancake" que e unha especie de filloa pero muito mais grosa que as nosas filloas. Resulta que antes de empezar a coresma a xente tinha que consumir os ovos todos e o leite que tinhan na casa e non habia millor maneira de rematar co isto que facendo festas de "pancakes" e a iso dedicaban o martes antes de coresma.

Como ves no cartel hai unha festa desas pero non vou ir: unha festa que hai que pagar e ademais e nunha igrexa non me semella mui festeira...e ademais sen disfrazarse...onde se mirou tal cousa ?. Porque neste pais o entroido non existe. Hai algun caso aillado coma o de Nova Orleans e pouco mais.

E como nos botamos de menos os disfraces o que facemos e ir probando sombreiros nos comercios e co iso imos safando a morrinha do entroido. Ou sexa, aproveita o entroido ti que podes, non sexas parvo.

Ata manha.

11 Comments:

At 1:19 AM, Anonymous Anonymous said...

E que tal está o "pancake"? pode competir coas nosas filloas?.

Por certo os sombreiros quédanvos xenial.

Unha aperta para mín de bos días.
;)

 
At 2:38 AM, Blogger nenodanorita said...

Hoxe, martes de entroido (intruido no noso lugar) almorcei tres filloas... e non vexas que ben lle senta o sirope de chocolate que trouxemos dahí cando estivemos no nadal... eso debe ser o que os modernos denominarían almorzo de fusión. O Sirope trouxemolo porque trouxemos tamén un par de paquetes de fariña de facer Pancakes "Aunt Jemina", da que xa non queda máis que para un par de veces...
Na nosa casa o "Pancakes day" é todolos sábados pola mañanciña, pero coido que axiña se vai acabar esa efeméride. Bicasos

 
At 4:19 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Bueh... en Madrid o antroido só existe nos colexios (prós máis pequenos) e nos xardíns de infancia. Nin hai festivos nin festas nin nada de nada.

 
At 8:27 AM, Blogger verdello said...

ai, as filloas da miña nai...
que bo está sendo este entroido. (bicos dende este anaco do mundo)

 
At 11:03 AM, Anonymous Anonymous said...

As filloas...ummmmm
Estades mui requeteguapos!!!
Parabens o tío Pepe...
Bicos.

 
At 11:33 AM, Anonymous Anonymous said...

aki na madeira vivese o carnaval a tope. por esta terriña comense os "sonhos" (parecidos aos buñuelos), e "malassadas" (parecidas as "orellas" de santiago, pero mais xigantes) qué aburridos estes norteamericans ... viva nova orleans!!! viva o carnaval!!

 
At 12:41 PM, Anonymous Anonymous said...

Non che quero dar envexa pero remato de pelexar cunhas filloas que sabian..¿a que sabían?..a filloas...a terriña..Vouche mandar un retrato delas para que llas deixes ver os que fan ese "pancake".
Unha aperta

 
At 1:37 PM, Blogger Fer said...

Que incivilizados!
Se todo o mundo sabe que as melhores filhoas som as mais finihas.....

 
At 1:37 PM, Anonymous Anonymous said...

Acedre a aperta era para ti (para mín era de bos días, estaba recién levantada).
;)

 
At 2:50 PM, Blogger torredebabel said...

aquí coido que o entroido é (coma sempre) unha mistura entre o xeito galego, o italiano, e o aborigen. Entón, temos xentes que levan disfraz pero para ir polas ruas nunhas festas chamadas "corsos" que as persoas ollan dende as veirarúas. Non hai comidas pero, como é verán, os nenos xogan a mollarse cunhos globos pequenos e cheos de agua. Na miña casa, tamén como pasa en moitas, e sen importar o calor, comiamos o caldo do antroido: todos mollados polas pingas de suor e os meus avós cos lentes empañados polo vapor da sopa. Cousas que ten vivir fora da terra e -para máis- no hemisferio sur!

 
At 6:46 PM, Blogger acedre said...

Os pancakes non se poden comparar as filloas. Son mais gordos e esponxosos e non hai maneira de doblalos que parten. Hai que comelos con garfo e cuitelo.
As filloas son mais ricas e con chocolate ou outros ingredientes estan boisimas. Meu pai comeas frias con carne do cocido.
En Arxentina xa sabia eu que os nenos tiran bombas de auga que mo contou Gustavo. De Madeira non tinha nin idea pero tenhen boa pinta eses "sonhos" e "malassadas".
Xa miro que case todos comedes filloas: jan, nenodanorita, verdello, pepe penas, fer, etc.
Gracias a todos vos e a picara de Allegue que sempre que mete a pata volve a corrixirse. Tamen gracias a Manolinho Captura, un fotografo que temos desprazado en Madrid, terra que empeza a ser aburrida como a norteamericana.

 

Post a Comment

<< Home