Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Entroidos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, February 22, 2006

Entroidos



Unha das celebracions que boto en falta neste pais e o entroido. Refirome ao entroido, entroido; o que se vive na rua coa diversion e metendose coa xente que non vai disfrazada. Por aqui hai entroido que lle chaman Mardi Gras e o mais famoso e o que se celebra en Nova Orleans. Co furacan Katrina o Mardi Gras perdeu en cantidade de comparsas ("krewes") pero ganha en dispersion porque os habitantes da cidade que non regresaron celebran o entroido nas cidades de acollida e o que parecia unha perda irremediable parece ser que vai producir un espallamento desta festa. Isto pareceme ben que tamen este pais necesita algo de alegria. De todas formas quedame mui a desman este Mardi Gras. Outro grande que hai e o de Quebec que esta en Canada pero xa rematou e tamen me quedaba un pouco lonxe de mais.

Pero os que me gustan de verdade son os da terrinha. Na terra hai muitas localidades con entroidos tipicos como Laza, Verin, Xinzo, Viana, Vilarinho, Manzaneda, Cobres, Chantada, terras do Ulla, Maceda, etc.

Bretemas falaba nun posteo acerca do intento de recuperacion dunha personaxe do entroido antigo vigues. Un anonimo respostoulle que os entroidos tipicos galegos non lle interesan, que el vai por libre e que non lle gusta que lle manden ir disfrazado dunha forma ou outra. Eu concordo en que meter algo artificial no entroido vai contra a loxica do entroido en si pero penso que hai que botar unha man para recuperar algo que se perdeu. En Ourense capital intentar recuperar un entroido antigo, os das Pitas, e semella que vai ben. Dende logo eu prefiro que se apoien esas tradicions e non pasar de todo como o anonimo e que logo nos pase como aos nosos curmans asturianos que perderon tanta riqueza cultural nun pasado borroso. Bueno, iso penso eu.

7 Comments:

At 11:55 PM, Blogger Veloso said...

Eu xa levo ben anos sen me disfrazar, pero despois de ler o que dicides Brétemas e mais case me estou animando. Un saúdo.

 
At 9:04 AM, Blogger TXARI said...

para min é uma das minhas datas preferidas, perder á persoalidade ou mudala ponme os pelos de punta da emoçom...e sobre a tradiçom, dizir que conheçela nunca está de máis...

 
At 3:59 PM, Anonymous Anonymous said...

Son unhas das miñas datas preferidas.

Unha aperta disfrazada de Beijo.

;)

 
At 4:45 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu nunca estiven nun antroido "típico", pero polo que me conta miña avoa do que eran antes os entroidos (incluso no franquismo), coido que o anónimo se engana bastante na interpretación que fai de eles. A cousa non vai por se disfrazar ó estilo veneciano, brasileiro ou de onde sexa; existen en Europa outras tradicións, de orixe supostamente prerrománica e sobretodo pre-cristiana, parecidas ós nosos entroidos tradicionais. Nada que ver coa idea de disfrazarse, senon con reunións anuais de pastores das montañas, escorrentamentos de malos espíritos, e cousas así.

 
At 7:42 PM, Blogger acedre said...

Estou de acordo con F.Miguez, o entroido de carrozas e vestidos despampanantes esta mui ben en Tenerife e Rio pero a min aqui non me gustan. Eu prefiro coller catros farrapos e unha mascara e ir por ai metendome coa xente.
Eu empecei con doce anos que antes estaba proibido. Xuntabame con catro rapaces vecinhos e iamos de casa en casa pola aldea pedindo. A xente mandabanos bailar ou cantar ou facer o parvo e dabannos galletas ou ourellas e vinho. Vaia peneca agarrabamos !!. Iso si que era correr o entroido.
Bueno, millor deixar as lembranzas para cando sexa vello.
Un saudo e gracias polos comentarios. Se tivese ourellas e vinho dabavos. Non tenhades medo.

 
At 7:39 AM, Blogger Nemeth said...

Estou en total desacordo co anónimo ese (que por outra parte o único que tentaba era meter barullo). As tradicións, cando aínda se está a tempo, hai que tentar recuperalas ou que non esmorezan de feito. Se non callan na xente, non haberá maneira, e non pagará a pena. O 'Carnaval' vilego e das cidades é un calco dos canarios, brasileiros e de por aí. Que están moi ben (os orixinais son mellores que os televisados). Pero meus, será que o mamei... pero despois de moitos anos ser ir ao antruido por estar lonxe, cando hai 3 ou 4 anos volvín, case choraba ao escuitar o fulión.

por certo, acedre, non son do triángulo máxico... son do heptágono fantástico :D

unha aperta e ollo coas orellas, teñen moita fariña!

 
At 3:50 PM, Anonymous Anonymous said...

Y sin embargo, al menos en Gijón los carnavales tienen mucha fuerza, quizás son de los más importantes del norte de España.
Me sorprende tu referencia a Asturias y a su perdida de riqueza cultural, no es corriente escuchar eso a los gallegos, aunque pienso lo mismo.
La industrialización arraso de alguna manera nuestra cultura que ahora se quiere reconstruir y de la que sobresalen los tópicos.
Unha Aperta
:)

 

Post a Comment

<< Home