Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Fotos, fotos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, February 11, 2006

Fotos, fotos



Hoxe fai mui mal dia. Chove frio e pode ser que neve un pouco asi que non saimos a ningun lado. Bueno, Ana segue co curso dos sabados pola manha e Tonho seica ven hoxe de Washington a facer unha visita fugaz. Iso se se anima que esta a nevar dende Washington ata aqui.

A verdade e que me gustan as fotos de epoca, esas marabillas en B/N que nos falan de tempos idos e que nos fan meditar. E fuchicando por ai topei esta de Rianxo daqueles tempinhos e puxena de cabeceira. Se queredes mirar algunhas fotos antigas de autores galegos podedes ir a esta paxina.

E, aparte disto, topei unha paxina con fotos de Extremadura antigas e algunhas das fotos fixoas Ruth Matilda Anderson. Poderiamos aprender os galegos e montar unha paxina asi con fotos desta muller que creo que non hai ningunha paxina adicada as suas fotografias por terras galegas. Outras das fotos de Extremadura foron feitas por Eugene Smith (un fotografo dos mestres) e nesta foto dun velorio namorouse da muller retratada e mantivo correspondencia co ela por muitos anos. Iso si que e amor de verdade e que serve de exemplo agora que ven o dia de San Valentin, non ?.

Ata manha.

13 Comments:

At 4:49 PM, Blogger Basho said...

Preciosos enlaces. Obrigado por compartí-los. Gostastes de Brokeback Mountain?

 
At 6:06 PM, Blogger Laurindinha said...

Que bonita a historia do namoro no velorio...

 
At 8:05 AM, Blogger acedre said...

Larindinha, perdoa que metin a zoca: non foi o fotografo quen se namorou da retratada (que ben poderia ser). Segundo parece, a foto publicouse na revista Life e foi un lector o que se namorou da moza pero non deixa de ser unha historia bonita de amor...

Gracias Parzival. Eu son da idea de que se hai algo por ai que non ten "dono" pois a partillar cos demais e asi eu topo por ai cousas e a xente topo no meu blogo cousas...
Ainda non fun mirar a pelicula. A ver se para a semana que ven.
Un saudo e gracias pola visita aos dous.

 
At 10:38 AM, Blogger Unknown said...

Gustei de mirar os enlaces que propós, son todo un agasallo, anoto os sites, ou mellor, o post onde están.
Unha Aperta

 
At 12:08 PM, Anonymous Anonymous said...

Lindo lindo!!.
Graciñas.
Unha aperta.
:)

 
At 1:32 PM, Blogger Basho said...

Acedre:

Concordo contigo. A internet libera a informação e o conhecimento como nunca antes sonháramos... o que me lembra que queria pedir-te licença para incluir um enlace ao teu blogue no meu

 
At 1:44 PM, Blogger *Sara said...

Gracias a unha asignatura (Fotoxornalismo),coñecín a obra tanto de fotógrafos galegos coma a doutros universais, como E. Smith, cousa que me encantou. Non deixa de ser precioso que unha imaxe poida transmitir tantas e tantas sensacións, aínda que estas varíen dunha persoa a outra. ¡Se ata son capaces de transmitir amor ou paixón, como sucedeu coa foto do velorio...! Gracias por contarnos esa historia e polo enlace. A foto do post anterior tamén é moi bonita.
Seguindo cos agradecementos, gracias tamén por engadirme á túa lista. Por certo, xa mirei o enlace das manías... gustaríame ter a de procurar información sobre aquilo do que me falan e descoñezo. :D Un saúdo!

 
At 2:41 PM, Anonymous Anonymous said...

guapas fotos todas elas. Ti que es amigo de atopar cousas novas, mira esta páxina..si non a coñeces ata che pode gustar un chisco.

http://www.vigoenfotos.com/

 
At 4:13 PM, Blogger torredebabel said...

fermosas as fotos e fermosa a historia dun amor que nace á vida onde o tema é a morte.

 
At 4:30 PM, Blogger acedre said...

Nunca me vou aburrir de darvos as gracias.
E unha sensacion gratificante abrir o blogo e mirar que hai varios comentarios.
Parzival, ti liga o que queiras que isto e de balde. Douche permiso a ti e a quen queira facelo como sz que nos ensinou un ollo do seu avo e fai unhas fotos de nubes artisticas.
Pepe, muitas gracias a ti. Ti e mais eu sabemos que ti foches a minha primeira ligazon e unha gran axuda nos principios. O teu blogo sempre me gustou e envexoo. As tuas fotos "auriga", "foi un traballador", "vaqueiro" e "catro xeracions" son un exemplo de fotos antigas de museu e cargadas dese ton humano que ti sabes engadir. Xa conhecia a paxina vigoenfotos que esta mui ben pero agradecese a informacion que nunca se sabe.
*sara: aproveita esas asignaturas e tiralles proveito. Quen sabe se un dia seras unha fotoxornalista das primeiras e iluminas o mundo cunhas fotos con mensaxe.
Torredebabel, gracias pola visita e aledome de que che gustasen as fotos e as historias relacionadas.
En fin, gracias a todos.

 
At 8:02 AM, Blogger TXARI said...

precioso o enlace...muitas lembranças...

 
At 3:13 PM, Blogger Nemeth said...

Infiniatas grazas polos enlaces e o post. Bonita historia de amor, fermosas fotos e interesantes enlaces. Non pode imaxinar o ben que me prestaron.
Igual llos collo emprestados algún dia...
apertas! :D

 
At 3:15 AM, Blogger nenodanorita said...

Ruth M. Anderson fixo arredor de catro mil tres centas fotografías nos tres anos (década dos vinte) que estivo en Galicia. Viñera co seu home a facer un traballo sobre a indumentaria feminina na nosa terra. Os orixinais desas fotos estan na Hispanic Society of America, en NY, e como non, son propiedade desa organización. Vai xa para sete ou oito anos, X.L.Cabo organizou unha exposición na igrexa da USC cunha escolma das fotos desa muller, despois esa expo itinerou por Galiza e fíxose un catálogo que poderíamos considerar un "best-seller" da fotografía galega (unha escolma que andará polas cento e pico fotos, non máis). Pero Ruth. M. Anderson fixera un libro na década dos corenta con moitas máis fotos, e contando as suas experiencias na nosa terra, e o contacto coa xente. Percorreu toda Galiza a pé. Ese libro, do que non hai tradución o galego, e nen tan siquera ó español, podedelo atopar na biblioteca xeral da USC para consulta en sala. Paga a pena lelo... É unha magoa, que un dos arquivos fotográficos máis potentes da historia da nosa terra se atope bastante feito polvo e abandonado nas dependencias dunha institución no UpTown neoyorquino

http://www.hispanicsociety.org/hispanic/prints_photos.htm

 

Post a Comment

<< Home