Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Gastronomia extranha

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, February 08, 2006

Gastronomia extranha



Onte e hoxe tocoume traballar noutra area de Revlon. Onte cadroume estar cunhas senhoras que tinhan muita leria e falaron entre elas de todo. Empezaron comentando as novas da zona que sairon na tele e na radio e logo seguiron falando de cans que traban a xente, dos seguros dos coches, de vodas e divorcios e de comida. Unha dixo que lle gustaba o peixe e as ostras e tamen que lle gustaba o coello como toque "exotico". Outra senhora respondeu que antes que coello prefire esquio. Eu nese momento conectei o radar. Eu xa sabia que por este pais cazan esquios e que os comen pero nunca conhecera a alguen en persoa que os comera.

Onte pola tarde estiven buscando receitas e apareceu unha paxina onde hai receitas de esquios, cocrodilos (que probei e sabe a polo pero correoso), zarigueyas, etc, etc. A paxina esta en ingles e aqui podedes comprobalo. Agora comeno con medo e xa case ninguen come os miolos que seica son unha delicia por medo ao mal das vacas tolas.

E non so os norteamericanos comen esquios. Nos Pirineos habia costume de comer os esquios antigamente.

E isto e o que ponho hoxe. Para que vexas que non so hai hamburguesas neste pais.

Tamen agradecer a pintega porque gracias a ela puxen a ligazon para a biblia de Lego.

Un saudo.

8 Comments:

At 12:36 AM, Blogger Veloso said...

O esquío goza de certo prestixio. Parece un becho entrañable e simpático, aínda que non hai razóns obxectivas para preferilo a outros animais aos que comemos sen remorso ningún. Lembro que o mestre Carlos Casares dicía que as pombas e as gaivotas tiñan unha boa sona absolutamente inxustificable, malia seren porcas e ladroas. Haberá que facer, xa que logo, un estudo sobre os índices de popularidade das distintas especies de animais. Un saúdo.

 
At 2:29 AM, Blogger *Sara said...

Ó mellor todo é cuestión de probar, pero eu creo que sería incapaz de meter na boca un trozo de carne sabendo que é de esquío. A non ser que non quedara máis remedio, claro...

 
At 9:14 AM, Blogger TXARI said...

sejuro que se probaran a nosa orelha de porco morrerían do nojo...sem embargo a min os esquíos danme máis respeto que nada...

 
At 11:32 AM, Anonymous Anonymous said...

Non, si ó final hasta haberá una festa de exaltación gastronómica da marmota e todo, xa verá.
Saúdos.

 
At 11:59 AM, Blogger torredebabel said...

é verdade que os animaliños teñen uns mellor fama que outros, mais ainda segundo onde estean. Na Arxentina cómese coello, por exemplo, pero a enorme maioría das persoas sonche incapaces de meter na boca un anaco porque pensan no becho lindo, blanco e suave. Eu non fun mail alá dos "caracoles" que non sei como se dí en galego pero que eran moi ricos. Apertas!!!

 
At 2:18 PM, Anonymous Anonymous said...

Ademáis de comelos tamén os elevan a Estrelas de Hollywood, na pelicula de AS AVENTURAS DE ROCKY e BULLWINKLE Os protagonistas son un esquío voador (Rocky) e un alce intelectual (Bullwinkle) e incluso sae Robert De Niro ... igual non está malo de todo o tal Rocky á prancha... grazas polas noticias tan curiosas...

 
At 3:40 PM, Anonymous Anonymous said...

Estou totalmente dacordo con Veloso.
Unha aperta.
:)

 
At 7:21 PM, Blogger acedre said...

Dende logo cada cultura ten a sua gastronomia e o que e unha delicia para uns para outros e case pecado comer diso.
Dende que somos pequenos vannos acostumando a un tipo de alimento e o que sae dai ata nos senta mal e chegamos a unha idade que xa non hai maneira de cambiar a dieta.
Os galegos comemos pichons e antigamente ata faciamos empanadas de paxarinhos deses que voan polos montes. A gaivota din que e dura como case todo o que e bravo.
Eu non probei caracois (chamanlle coscos pola zona de Ferrol) pero gustanme os caramuxos e suponho que sera algo parecido. O coello gustame pero non e para tanto e suponho que o esquio sabera parecido pero dame non sei que de so pensar en comelo. A orella de porco encantame, igual que o rabo e o pesunho pero por aqui non se come que eu saiba e cando lle comentei a un o das filloas de sangue quedou cunha cara de noxo incrible. Mesmo os mexicanos non fan filloas anque si que fan chourizas.
Bueno, que son costumes de cada un e que hai que respetalas.
Podemos agradecer a sorte que temos de poder comer ben e variado que hai xente que non pode dicir o mesmo.
E mais nada. Gracias a todos e se comedes xamon lembraivos de min que non podo comelo.
Un saudo.

 

Post a Comment

<< Home