Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Laid off

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, February 14, 2006

Laid off

En cristiano: despedido temporalmente por escaseza de traballo. Si. Aqui cando non hai traballo din que vaias para casa que xa te chamaran. E iso tocoume de agasallo de San Valentin. Dennis Clayborne dixome que habia de ser esta semana soa e que para a semana que ven que haberia traballo e patatin e patatan. Tamen me dixo que mentes estivese el non me deixaria "off" ata que marchase no veran...e aqui estou.
Pois aproveitei hoxe e pola manha fun andando ata a fabrica de caixas onde traballei o primeiro ano neste pais. Fun pola rua principal de Warrenton. Pasei pola oficina de trafico onde saquei o carne. Rescatei un paxarinho que non voaba e estaba no medio da rua. E un "cardinal", o paxaro emblema do estado. Pasei polo The Ivy, un hotelinho xeitoso e pola casa onde fan masaxes. Logo seguin e pasei pola fabrica de fios que foi ao tacho habera catro anos. De fronte esta a fabrica de mobles Cochrane onde pedin traballo hai tempo. Logo hai que pasar unha gasolineira media desfeita e a distribuidora de combustible para calefaccion...e xa esta a fabrica Elberta Crate & Box que soa rimbombante e so fan unhas caixas para apanhar fruita que son de usar e tirar. Falei co encargado Tommy (mayordomo en mexicano) e que me cai ben. Ten unhas barbas mestas e descuidadas e uns ollos azuis que dan medo pero bota risadas grandes por nada e pareceme bo home. Dixome que non habia muito movemento de momento e, de feito, das tres cortadoras unha esta parada e so traballan catro dias na semana. Saudei aos antigos companheiros e marchei para casa.
Cris deixara unha pelicula de DVD e mireina e gustoume muito. Titulase "Rabbit-proof fence" e en espanhol esta traducida como "Cerca de la libertad". Trata dunhas nenas aborixes australianas que son separadas das nais porque son mestizas e naquela epoca (1931) o goberno australiano queria diluir esa xente misturada na raza branca para purificalos e co tempo acabar sendo brancos. Mandanas a unha especie de mision relixiosa e elas foxen.
A pelicula esta mui ben e informoume dunha cousa que non sabia eu do trato dos aborixes por parte dos brancos.
Pola tarde fomos a piscina, pasamos polo Wal*Mart que estaba cheo de xente mercando globos de San Valentin, bombons e flores e logo tiramosw para casa.
E asi foi o dia de hoxe.

15 Comments:

At 11:56 PM, Blogger Veloso said...

Pois aproveita o momento off para pasear, ver novos lugares e seguir contándonos a peculiar vida da xente dos EEUU. Un saúdo.

 
At 1:05 AM, Blogger Basho said...

Ânimo e paciência! São coisas do paraiso do capitalismo.

Se gostaste da película, podo recomendar-te esta: http://www.filmaffinity.com/es/film649656.html

Bastante dura e violenta, mas surpreende saber que en Nova Zelándia há ghettos como os de Los Angeles...

 
At 1:22 AM, Anonymous Anonymous said...

Paciencia. E aproveita para ler. Nunca choveu que non escanpara.

 
At 3:15 AM, Anonymous Anonymous said...

Repetirei o que xa che dixeron: aproveita para descansar e poñerte o dia no que máis che apeteza...
Sorte.

 
At 9:13 AM, Blogger máis alá said...

Non vou a ser orixinal. Aproveita para facer todas esas cousas que queres facer, que seguro que volves a traballar moi pronto.

 
At 9:33 AM, Blogger TXARI said...

ánimo, e se nom pensa em importar produtos da terra a eeuu, que de sejuro que farían furor...

 
At 11:56 AM, Blogger hojasdehierba said...

Ven botarme unha man, acedre, que eu non dou abastoooooo.
Que haxa sortiña.
Unha aperta.

 
At 12:18 PM, Blogger torredebabel said...

non sou orixinal, claro, pero -como di neufrago- aproveita para ler, que logo xa non terás tempo con tanto traballo.

 
At 12:29 PM, Blogger *Sara said...

Creo que o que che tería que dicir, está todo dito, jajaja. ¡Ánimo e goza todo o que poidas! :)

 
At 1:03 PM, Anonymous Anonymous said...

A espera sempre é un exercicio duro,mais aprendemos moito con ela.
Unha aperta de enerxia.
:)
P.D Gracias por compartir "La sombra del viento". Voullo regalar a miña nai polo día de Sta Francisca a ela parece que tamén lle tiña boa pinta o libro.

 
At 2:14 PM, Anonymous Anonymous said...

Se é somentes por uns dias, non e cousa moi mala. Unha vez dixo alguén falando con outro: Mira se o traballo será malo que ata pagan por facelo..Isto e unha broma... O traballo, ainda que sexa cousa mala, que non lle falte a ninguén..Como dicía o enterrador: Dios dea traballo a todos, a cada un no seu..

 
At 4:02 PM, Anonymous Anonymous said...

Se che sirve de consuelo, estás como na terra. Por exemplo, na empresa que traballaba eu antes, (é de ámbito nacional, pero o choio estaba en Mos) iso era da orden do día. Moita xente traballaba un mes ou dous, logo unha tempada á rúa, e volta a empezar.

 
At 5:04 PM, Blogger Nemeth said...

Como xa din por aí enriba, non choveu que non escampara, non hai mal que cen anos dure e Deus aperta pero non afogha. O refraneiro é rico en explicar estas esperas cheas de angurias e medos. Eu estiven un ano e pico sen traballo e é moi duro. Pero neste caso só son unhs días! Así que podes apreveitalos e tomalos como unhas mini-vacacións.

apertas

 
At 6:14 PM, Blogger acedre said...

Gracias a todos polos animos. A verdade e que non e para tanto isto de descansar uns dias. O que pasa e que un acaba aburrido na casa. Non tenho coche e non hai muito a onde ir. Iso das cafeterias, bares, museos, centros culturais, mesmo parques; por aqui non o hai. Warrenton e pequeno, bonito, pero pequeno e sen xente na rua.
Bueno, lerei mais, navegarei mais pola interrede e mirarei mais DVDs e asi pasarei estes dias.
Un saudo a todos e gracias polo apoio e as ideas para pasar o tempo ou mesmo criar negocios de importacion.

 
At 2:54 AM, Anonymous Anonymous said...

O mesmo. Ánimo e a vivir, que son dous días. Bartola alguén a inventou.

 

Post a Comment

<< Home