Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Luar

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, February 24, 2006

Luar



Hoxe e venres e tocaria na TVG Luar. Aqui tamen hai "luar" pero e un chisco distinto. Nesta zona de Carolina vive xente do mais normal que traballa, estudia e vive unha vida normal coas suas cousas boas e as non boas. De cando en vez hai problemas con roubos, tiros, pelexas de cans e "luares". E ti diras que raio sera ese "luar". Explicocho. "Luar" seria a traducion galega de "moonshine" que non e outra cousa que a elaboracion caseira de alcol procedente do millo. Este nome de "moonshine" ten a sua orixe en que se facia o choio de noite, lonxe dos sitios habitados e a luz da lua, ao luar. A elaboracion de alcois neste pais ten a sua procedencia en Europa onde se facia alcol caseiro de case calquera cousa como por exemplo de patacas en Irlanda. En Europa foise proibindo por motivos sanitarios e chegara o dia en que proibiran facer vinho caseiro. E se non xa veras. Nos EEUU estivo mui extendido e eu lembro peliculas de toda a vida coa imaxe do tipico montanhes facendo alcol caseiro. E pasou o tempo e agora esta proibido en todo o pais. Pero a xente segue facendoo as agachadas e as fotos son unha mostra do descubrimento dunha destileria caseira a sete quilometros de onde vivo. Nas fotos vese un policia de paisano destruindo os barris e o mecanismo de elaboracion deste alcol caseiro que non deixa de existir porque sae mais barato que mercalo nas licorerias tipicas do Estado: ABC.

Ogalla que nunca se vexan imaxes asi na terrinha por estar proibido facer vinho na casa.

Ata manha.

8 Comments:

At 8:00 PM, Anonymous Anonymous said...

Así que elaboración caseira de bebidas alcoholicas...
Na miña casa, chegáronse a facer oitomil litros de viño (que para unha casa non está mal), pero xa foron tempos. Ven pola miña entre hoxe e mañán (non sei cando o vou "postar"), que teño máis novas sobre bebidas caseiras... he he.

 
At 6:42 AM, Blogger besbe said...

Que non se maten porcos na casa aínda pasa, pero o das bebidas alcólicas... que máis lles dará ¿non? Non creo que se pille ningunha enfermidade, bueno vale, igual con oitomil litros si.

Pregunta: ¿e onde se metían os litros todos?

 
At 6:44 AM, Blogger besbe said...

E outra cousa acedre...¿estás espertando a estas horas ou como é?
Se tal bótalle unhas gotiñas ao café :)

 
At 6:55 AM, Blogger acedre said...

Son de pouco durmir e xa levo duas horas desperto. Estes norteamericanos ainda non descubriron as persianas.

 
At 7:05 AM, Blogger besbe said...

¿E as contras? Monta unha fábrica de persianas, home, e de regalo unha botelliña de licor café a ver se nos introducimos no mercado. E falando de café...eivou!

¡¡Bos días a todo isto!!

 
At 8:03 AM, Anonymous Anonymous said...

A maioría de aquel viño era para vender; hasta hai uns anos viñan a mercalo polas casas para as tebernas, pero agora a lexislación e as modas acabaron con iso.
E única enfermidade que podía transmitir, era si tratabas de bebelo todo nun día, que polo demáis... TODO SANO E NATURAL.
Xa foron tempos.

 
At 8:43 AM, Blogger acedre said...

Esta mal dicilo pero se queres beber bo vinho Condado da casa vai ao bar Arbo en Torneiros, O Porrinho. Vinho de primeirisima calidade e a bo prezo...e dos meus sogros, claro.

 
At 8:50 AM, Blogger acedre said...

Hai contras pero aqui ponhenas de adorno atornilladas a parede. De persianas tenhen estas venecianas que nos chamamos estores.
Deixoche unha ligazon onde se mira a fiestra do vecinho coas contras e, de agasallo, un colibri comendo que tes que fixarte muito para miralo. Iso si, cando voan, semellan tabans do ruido que fan.

http://eueoseeuu.blogspot.com/2005/08/adaptacion-ao-horario.html

 

Post a Comment

<< Home