Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: O meu 23-F

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, February 23, 2006

O meu 23-F



Hoxe volveume visitar Gustavo. Estivemos mirando a pelicula Hotel Rwanda que e bastante dura e trata da guerra civil entre tutsis e hutus en Rwanda habera mais de dez anos. Eu non vivin ningunha guerra nin quero nin lla desexo ao meu pior inimigo.

E falando de guerras hoxe e o 25 aniversario do intento golpista de Tejero e companha. Eu lembro que estudiaba no instituto e apenas levaba dous anos afeitando o bigote e os pelos da fame do queixo. Eu de politica, nin flores; como suponho que pasaria coa maioria dos meus companheiros. No instituto tocabame clase de frances e Luis, o noso profesor, dixo: Hoy vamos al hotel a ver la television. E ala fomos ao hotel que ainda esta hoxe perto do instituto. O tal Luis, un leones de bigote e que lle faltaba un dedo da man, aquel dia explicounos algo de politica mentres mirabamos imaxes do golpe na tele. Asi souben porque o profesor de lingua e literatura espanhola que daba clases en galego (si, en galego) aquel dia non apareceu a traballar nin en varios dias. E como el alguns mais. Todos estaban achantados sabia deus onde. Non asi a profesora de xeografia que era cubana fuxida de cando Fidel e que, eu non sabia porque, apoiaba sempre a economia norteamericana e falaba pestes da rusa. Aquel profesor aclaroume muitas cousas a min e aos meus companheiros diante dunha television en branco e negro e falounos de temas case intocables naqueles tempos. E asi foi o meu 23-F que non recomendo a ninguen.

5 Comments:

At 1:43 AM, Anonymous Anonymous said...

A min coulleume tan noviño que nin me enteraba de que ía a cousa. Segundo me contan os meus país, ficaba ollando a tele intentando comprender infructuosamente por qué aos maiores lles importaba tanto a aquilo (qué bonita a inocencia da infancia!!!)
De todo o que escoitei sobre o 23-F, quédome co titular que publicaron algúns medios internacionais “un toureiro entra no Parlamento español”. Non se pode dicir mellor.

 
At 6:00 AM, Blogger Mr Tichborne said...

Eu tiña catro anos e cheguei pensar que o Parlamento era sempre así, con xente inepta berrando, tentando acalar os demáis e pegando tiros. Logo vin que aí non se pegaban tiros.

 
At 12:55 PM, Blogger Basho said...

Eu era muito cativo também (cumpria em Julho 9 anos) mas lembro a tensão na casa e a todo o mundo diante do televisor

Mr tichborne: o Parlamento É assim... ;) Bom, pelo menos, certa "gente inepta" que há nele. E não digamos nomes, que todos sabemos quem são.

 
At 2:41 PM, Blogger María M said...

Tiña ganas de facer un post sobre o 23-F pero ó final, entre unha cousa e outra, nada. Aproveito dende aquí, logo, para botar un ¡Viva! (xa que estamos de entroido) pola DEMOCRACIA española e por todos aqueles que ese día se encontraban no Parlamento e permaneceron erguidos sen axeonllarse fronte ó fascismo. ¡Viva!

 
At 6:24 PM, Blogger acedre said...

Ainda houbo sorte que non foi arriba o golpe. A nosa historia cambiaria e quen sabe se poderiamos escribir en galego hoxe.
A min pilloume un pouco mais maior pero a fin de contas era un rapaz que non andaba metido en situacions "problematicas".
Gracias por compartir as vosas experiencias.
Mariquinha creo que nin tan sequera nacera pero non perdeu nada.
Un saudo a todos e ogalla que non se repita esa experiencia.

 

Post a Comment

<< Home