Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: O tio Pepe

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, February 26, 2006

O tio Pepe



Este senhor tan feliz e o Pepe, o tio de Ana. Este Pepe e un pequeno gran home. Un home cheo de vida e festeiro coma el so. O Pepe e un home xeneroso e falangueiro cun riso rapido e real. Traballando non ten paraxe e preocupase de que todo estea ben listo. Ten un restaurante nas montanhas de Carolina, nunha zona preciosa cuns arredores que son esceario de muitas peliculas americanas (despois de California e Nova York este estado e o terceiro no mundinho cinematografico). O Pepe e un exemplo dun emigrante galego que fixo a sua vida fora da terra. Despois de facer o servicio militar andou embarcado. O seu sonho era desembarcar en Australia pero foille imposible. Cando o barco chegou a Tampa, Florida; ai xa puido desembarcar e quedou no pais. Fixo a sua vida nos EEUU e tivo tres fillos e agora ten tres netos en Montana chamados Elijah, Matteo e Celia (en honor a avoa de Ana e nai do tio Pepe). Aqui abaixo esta a foto dos netos do Pepe, galegos nun 25%.

Co este posteo quero felicitar no seu cumpreanos ao tio Pepe. Parabens.

7 Comments:

At 11:48 PM, Blogger Mr Tichborne said...

Lémbrame a personaxes da miña propia familia... se cadra a de tódolos galegos. Feliz aniversario, Pepe

 
At 6:26 AM, Blogger Laurindinha said...

Un galego en cada porto... Así, por moito que nos despracemos, sempre nos farán sentir como na casa tódolos galegos espallados polo mundo...

 
At 8:52 AM, Anonymous Anonymous said...

Parabéns para Pepe, e para o 100 por cento dos net@s.

 
At 1:45 PM, Blogger eue said...

Fai falta ansia para coller un barco coma quen fai autoestop!

Parabéns para o Pepe

 
At 4:10 PM, Blogger torredebabel said...

parabens para Pepe, claro, e tamén para Celia, que leva un nome fermoso! E para todolos galegos que hai polo mundo adiante.

 
At 4:20 PM, Anonymous Anonymous said...

Polo mundo adiante hai moitos centos de tios Pepe, tios Luis, tios Manolo..uns tiveron moita sorte e outros tiveron menos...pero todos foron valentes indo polo mundo adiante. ¡xa sei que quere dicir acedre!.
http://acedre.com/
Unha aperta

 
At 5:03 PM, Blogger acedre said...

Seran dadas as felicitacions.
Houbo e hai muitos galegos espallados polo mundo e case non hai familia galega que tenha unha ponla afincada noutras terras.
O malo e que no presente seguimos saindo do pais, menos pero seguimos saindo. E o futuro tampouco o vexo mui bo.
Bueno, son cousas da vida, non ?.
Gracias polos comentarios e por estardes ai detras pendientes do que escribo. Como di Mr. Tichborne; sodes caralludos.

 

Post a Comment

<< Home