Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Pais dos cabalos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, February 16, 2006

Pais dos cabalos



Hoxe fixo mui bo dia e apareceu Gustavo para acompanharme pola manha. Paseamos ao Colin, mercamos unhas cousas, buscamos unha pelicula de DVD na biblioteca e levou a documentacion nosa para facer a declaracion de facenda que neste pais faise agora. E asi pasou a manha.

Paseando ao Colin pasamos polo cemiterio grande de Warrenton. Aqui os cemiterios son coma parques abertos con tumbas no chan e lapidas familiares que non son mui ostentosas. De cando en vez aparece unha que ten o seu aquel. Un exemplo e esta da foto na que se pode imaxinar que o morto queria un paraiso para percorrer en cabalo. E isto faime lembrar unha cousa que dixo un neno na terrinha. Estaban varios falando e un preguntalle a outro: De maior onde queres vivir ?. E o rapaz respostou: No pais dos cabalos. Ti, suponho que pensaras o mesmo ca min e coincidiras en dicir que este e o pais dos cabalos.

7 Comments:

At 12:03 AM, Blogger Veloso said...

Fermoso parque, fermoso cemiterio e fermoso lugar ese "país dos cabalos". Un saúdo e boa fin de semana.

 
At 1:22 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Pola miña parte, sempre soñei cun paraíso que fora unha inmensa casa de pedra nun lugar onde sempre é noite de inverno pecha e chove a cachón... a xente que quero está dentro, todos ceamos preto da lareira e falamos, rimos e cantamos, como cando o Patrón, escoitando a choiva caendo no exterior...

 
At 4:28 AM, Blogger TXARI said...

o país dos cabalos debe ser um sitio impresionante, son dos animais máis lindos que conheço (tenho por conheçer ao unicornio, que ´emedio cabalo)eu tenho uma besta, chámase rubia...

 
At 6:51 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu apuntaríame a vivir no país dos seres humanos. Lendo os xornais, dubido de que exista na terra.

 
At 7:14 AM, Blogger Nemeth said...

aló está O Home que falaba cos cabalos... :)
Como diría a miña nai, mellor ca cabalo é ser burro, así aínda se pode chegar a ministro...

boa fin de semana

 
At 8:59 AM, Anonymous Anonymous said...

Carai "O país dos cabalos" que lindo...
Como ben di nemeth alí estará a home que lles susurraba aos cabalos (gustoume a película).
Unha aperta de fin de semán.
:)

 
At 4:04 PM, Blogger acedre said...

Co este posteo refiriame eu a que muitas das cousas que vivo neste pais semellanme unha pelicula.
Cando o rapaz dixo de vivir no pais dos cabalos a imaxinacion levoume as peliculas de vaqueiros.
Eu non vivo no oeste pero este ambiente ten un aire peliculeiro que me lembra escenarios de cinema.
Boa fin de semana e gracias polos comentos e por conhecer alguns dos vosos paraisos e por presentarme a besta Rubia de Txari. En Acedre tamen lle chaman bestas aos cabalos.
Un saudo a todos.

 

Post a Comment

<< Home