Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Paseo polo lago Kerr

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, February 25, 2006

Paseo polo lago Kerr


Pola tarde do sabado aproveitamos que facia bo dia, ventoso de mais pero bo, e fomos ao lago Kerr. Este lago e en realidade un encoiro bastante grande coas ribeiras ocupadas por casas de ricos cos seus embarcadoiros. Espallados aqui e acola hai parques con zona de acampada, mesas de picnic e peiraos publicos. Ana, Cris, o Colin e mais eu intentamos ir a un que nunca foramos antes pero estaba fechado de tempada. Fomos a outro e tamen estaba fechado pero aparcamos e decidimos entrar que non hai peches arredor. Demoslle unha voltinha ao parque e como o encoiro tinha pouca auga quedaba unha especie de prainha boa para pasear e asi estivemos. Houbo un momento que apareceu un raposo que non sabia que estabamos ali e eu fixenlle unha foto xusto cando se decatou da nosa presenza e liscou. Na foto esta no medio e hai que ampliala para podelo mirar ollando para nos.
E asi foi o dia de hoxe.
Ata manha.

2 Comments:

At 12:55 PM, Anonymous Anonymous said...

Xa ampliei a foto e vin o raposo...
É chulísimo e tiveche sorte de poder facerlle a foto.
A nosoutros pasounos fai pouco, que estabamos a beira do aeroporto do Prat, e saliunos un faisán precioso.
Xa che mandarei a foto o correo electrónico...
Bicos.

 
At 6:22 PM, Blogger acedre said...

A tua foto do faisan e espectacular. Vaia exemplar !.
Polos EEUU hai bastantes oportunidades de fotografar bechos.
Eu xa tenho mirado coellos, "zarigueyas", castores, mapaches, esquios, cervos... e osos !. O dificil e fotografalos porque non posan para a camara, claro. As fotos saen lonxe ou movidas ou escuras ou coincide que non levo a camara.
Pois nada, gracias por mandar a foto do faisan catalan e gracias tamen pola visita e o comentario.

 

Post a Comment

<< Home