Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Relixion, relixion

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, February 05, 2006

Relixion, relixion



Estes dias esta o mundo revolto co asunto das caricaturas contra Mahoma.

Dende logo isto da relixion e un tema espinhento que non me gusta tocar porque todos cren ter a razon e tratan de meter en razon a quen non coincide con eles. Esta e unha historia vella coma a humanidade e seguira sempre asi ata que queden duas persoas en pe e luitando por cadansua fe.

Eu prefiro levalo con bo humor e como hoxe e domingo e non fun a misa polo menos aprendo da biblia nesta paxina onde un 'reverendo' explica a biblia paso a paso e con imaxes do Lego por se un non sabe ler. Na foto sae Sanson desfrutando dunha muller de mala vida. Dende logo, se os cristians chegasen a ser coma os musulmans este 'reverendo' acabaria sepultado a pedradas.

Un saudo e ata manha.

9 Comments:

At 11:53 PM, Blogger Veloso said...

A "muller de mala vida" parece estar encantada. En cambio, Sansón ten neboeiros nos ollos, como se xa adiviñase o cambio de peiteado.
O da relixión é unha tolemia absoluta, aínda que a min ningúen me quita da cabeza que detrás das grandes manifestacións de fe (sexan na Meca ou no Vaticano ou onde sexa) o que hai é grandes intereses económicos. E que Deus me perdoe.

 
At 3:17 AM, Blogger *Sara said...

Buf! ¡Que cousas hai que ver, mi madriña! Non sei se o do cura ese é para rir ou para chorar...
O que si é unha pena é que o fundamentalismo, sexa na relixión que sexa, poida lavarlle o cerebro a tantas persoas ata chegar ós extremos que vemos a miúdo.

 
At 5:07 AM, Blogger caravelete said...

Pois igual hai que ir vivir a logoland...

 
At 5:08 AM, Blogger caravelete said...

logoloand non, Carmiña, legoland.
(perdón)

 
At 8:54 AM, Blogger TXARI said...

a didáctica levada atê os esstremos máximos...e faranlhe caso?

 
At 1:12 PM, Anonymous Anonymous said...

Desde logo o mundo está máis tolo que nunca e os exremismos sempre foron temibles...
Bicos.

 
At 4:55 PM, Blogger torredebabel said...

é como dis, acedre, todos pensamos algo (ainda os que non cremos) e tentamos que os outros pensen como nos. Coido que veloso o dixo mellor que ninguén: "detrás das grandes manifestacións de fe o que hai é grandes intereses económicos". Nin palabras de mais nin de menos.

 
At 6:19 PM, Blogger acedre said...

O ser humano e un ser competitivo que luita por liderar. Usamos todalas tacticas posibles e tratamos de abranguer todolos eidos: politico, economico, espiritual, etc, etc. Isto por unha banda e por outra banda somos unha especie social que ten sentido de grupo e xuntamonos cos afins a nos.
De todo isto resulta a confrontacion eterna entre ideas sobre todo o que afecta as nosas vidas e asi seguira ata o fin dos tempos.
Bueno, que o mundo e asi e asi seguira por muito que fagamos asi que hai que desfrutar do bo da vida, dos amigos, da familia, da parella, dos companheiros, dos vecinhos, etc. Sempre habera tempo para buscar enfrontamentos e pelexas.
Un saudo a todos e gracias...se chegastes a ler ata aqui.

 
At 12:08 PM, Blogger Nemeth said...

moi bo!
e que cada un pense o que lle pete e que deixe pensar o que se queira...

 

Post a Comment

<< Home