Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Stop all war

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, February 28, 2006

Stop all war


Hoxe seguin co paro vacacional que xa se esta facendo longo de mais pero e que non hai muito mais onde ir nesta vilinha. Aproveitei e mirei o documental Fahrenheit 9/11 de Michael Moore.
Este documental e unha critica do goberno do actual presidente norteamericano. Explica as relacions entre os arabes e o presidente e achegados. Descubre as relacions monetarias con empresas petroliferas e armamentisticas e o desvio da atencion da poboacion norteamericana sobre o verdadeiro motivo da invasion de Iraq. Tamen explica como o goberno esta interesado en ter unha poboacion amedrentada para facer o que queren eles.
Bueno, o documental e duro e ten momentos emotivos e fala dende muitos puntos de vista. Eu recomendo este documental para conhecer un pouco mais dos verdadeiros motivos da guerra de Iraq. E para rematar o posteo de hoxe deixo unha foto dun sinal modificado pola xente para pedir a paz.
Ata manha.
E

10 Comments:

At 12:49 AM, Blogger Veloso said...

Vin hai tempo o documental de Moore. Aínda que en xeral coincido nas súas denuncias, paréceme que o ton é un chisco demagóxico. Non sei se me darei explicado: Moore non está en contra do imperialismo norteamericano; simplemente está en contra de Bush. De todos os xeitos, é de agradecer algo así feito no país en que está feito. Un saúdo.

 
At 12:52 AM, Anonymous Anonymous said...

A min tamén me gustou moito ese documental (aínda que máis que gustar, o que produce é desasosego e preocupación).
Ten outro que aínda me gustou máis “bowling for Columbine”. Se non o viron, recoméndollos sinceramente. Vai sobre a cultura do medo e a afección as armas dos norteamericanos.
Tamén un libro de Michael Moore moi xeitoso: “Estupidos hombres blancos”. Eu escangalleime coa risa leéndoo.

 
At 3:08 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Non sei se é algo común a todo os EEUU... refírome a ignorancia total do que ocorre no exterior. Nos documentais de Moore, ou no de Supersize Me, vése que o estadounidense medio non ten nada claro o mundo no que vive. Pensan que realmente son o país das liberdades (pero non poden dicir unha palabra máis alta que outra), que levan a paz ó mundo (a base de arrasalo) e que son adalides da democracia (pero uns votantes son máis cós outros).

Realmente son como se ve, ou somos nós os que temos ese arquetipo de ianki?

 
At 4:55 AM, Blogger TXARI said...

canto máis se achega a paz, máis se alonxa o consenso...penosa a situaçom en oriente próximo e no iraq...por nom falar de afganistan e áfrica onde a guerra é contínua e sem frontes...é un exercício de todos rejeitar a violéncia...

 
At 1:11 PM, Blogger hojasdehierba said...

Eu tamén gostei do documental... ainda que o tono "bos e malos" de Moore non é algo que aprecie moito e coido que algunhas cousas que presenta coma "probas" non deixan de ser tristes anécdotas.
Pero, en xeral, non está mal unha pedriña que vire para o lado que sempre tira as bombas.
Unha aperta.

 
At 3:43 PM, Blogger torredebabel said...

concordo moito moito con veloso e, coma larvós, eu vin “bowling for Columbine” e pensei daquela o que anotou hojasdehierba: moitas "probas" non o son tanto. Ademáis, coma tamén di veloso, Moore non está en contra do imperialismo senón dos extremos máis bestiais dese imperialismo.

 
At 3:59 PM, Blogger besbe said...

Coidado coas abellas asasinas.¡Buuuuh, que medo!

Ao final o que manexa os medios ten todo o poder, así que ben manexado o post.

 
At 6:34 PM, Blogger acedre said...

Tendes muita razon no que dicides. Michael Moore non deixa de ser norteamericano e, loxicamente, tira pola sua terra e a sua xente. No documental trata de explicar as incompetencias de Bush destes ultimos anos. Moore dinos que ir a guerra contra Iraq foi unha mentira e un desvio da atencion do publico. O malo e que non ten probas consistentes de verdade e trata de explicar a sua teoria con opinions e casos persoais que lle restan valor obxectivo ao documental e dalle o punto demagoxico negativo ao documental.

Os norteamericanos son mui patriotas e estan convencidos de vivir no pais mais libre do mundo e de ser ricos e os xefes do mundo. Estan educados asi. Todolos medios estan a repetirlles isto e eles creno como o creria calquera. Vindo de fora como venho eu e conhecendo outra cultura xa se ve distinto. O pais non e tan libre como din. Se tes cartos tes muito poder e liberdade pero tendo cartos se non tes vas aviado. En total poden ser os mais ricos do mundo pero hai un desfase enorme entre a xente con mais cartos e os pobres do pais que aqui miro eu xente vivindo en casas que nin os xitanos da terrinha viven asi...e non son poucos. Tamen vivo nun estado dos mais pobres e nunha zona deprimida, que iso influe.

Enfin, aqui os medios informativos son os que mandan e crian opinion publica e a xente, que hai mui boa xente tamen, pica inocentemente.
E xa deixo o tema que e demasiado complicado para explicar e eu non me miro competente.
Gracias a todos polos vosos comentarios e os consellos sobre a obra de Moore que ten de bo o diferente enfoque da politica dos EEUU.

 
At 11:12 AM, Anonymous Anonymous said...

penso que as "provas" que dizem fazer falta abundam a cachón! é fazer uma listagem das invasões perpetradas pelos EEUA a países independentes, com pretextos verificados inexistentes... a posteriori!!!!!!!!
Nem o Chile, com um Presidente democraticamente eleito e um regime de maioria legitimada, escapou à sua fúria de sátrapas...
O seu cinismo e hipocrisia são chocantes....
Mais provas?????????? Não! Ainda nos caem em cima, as "provas"....que dizem faltar. Arredemo!
Agradeço e retribuo o "Stop alll war" com o seguinte: www.bozzeto.com/freedom.htm
Vão ver, é lindo!!!!!!!
GALIZA VIVE EM NÓS

 
At 6:47 PM, Blogger acedre said...

Marga, tranquila, que estamos do teu lado. Eu so dicia que punhan as probas mui polo aire e sen seriedade. Suponho que buscando mais apareceran probas implicatorias de verdade pero as do documental non son definitivas nun xulgado. E non quero dicir que Bush non e culpable porque e culpable de enganar a xente do seu pais e de invadir Iraq sen motivos reais.
E xa deixo o tema que non me gusta e, repito, non estou capacitado para falar del.
Ah, a paxina que recomendas e millor que unha de guerra pero como que non explica ningunha das tuas ideas.

 

Post a Comment

<< Home