Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Visperas de San Valentin

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, February 13, 2006

Visperas de San Valentin



Esta fin de semana estivemos case pechados na casa. O sabado choveu todo o dia e pola noite empezou a neviscar e o domingo neviscaba e paraba. A neve non chegou a callar e so habia unha pouca nas prantas, nos coches e nos tellados.

Como estamos de anticipo de San Valentin miramos dous DVDs con tema romantico:

-"I capture the castle": ambientada en Inglaterra nos anos trinta. E unha historia de amores cruzados, amores non correspondidos e amores interesados. Esta ben e o final non e o tipico que se poderia esperar.

-"Elizabethtown": unha azafata (a chica de Spiderman) ensinalle a un executivo despedido o importante que e o amor. Muito da pelicula non nos gustou pero a partir do funeral do pai do chico a pelicula pega unha volta e millora muito. O chico segue unha viaxe en coche coas cinsas do pai seguindo as instrucions que lle deixou a chica. Esa viaxe e preciosa e a musica que o acompanha (elexida pola chica)esta mui ben. Unha magoa que toda a pelicula non fose esa viaxe !.

E isto e o que hai por hoxe. Manha toca mirar globos con forma de corazon que neste pais e de tolos a celebracion do San Valentin. Non so celebran o amor de parella senon tamen o amor entre pais e fillos (muitos nenos manha non van en bus que esta proibido montar con globos e o instituto e un desfile de xente con globos, peluches e bombons). E aparte do amor aqui tamen celebran a amizade e os amigos entreganse tarxetas, agasallos e os inevitabeis globos. Mesmo os profesores reciben algun carinho dos alumnos e Ana seguro que trae algo para casa. O dito: unha cousa de tolos que non ten igual na terrinha.

3 Comments:

At 7:34 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois nada, feliz dia do San Valentín...
Supoño que algo che caerá...
Bicos.

 
At 9:28 AM, Blogger TXARI said...

imaginoo muito máis consumista que aquí, que jâ nom é pouco...se tamén celebran o amor fraternal e filial...que fan o día do pai ou o da nai? ou nom hai?

 
At 11:38 AM, Blogger acedre said...

Hai dia do pai e da nai (que non coincide na data cos nosos) pero os que dan os agasallos hoxe son os pais aos fillos e mandan globos con mensaxe a escola e logo tenhen que ir buscar os fillos en coche que non poden subir no bus con globos.
Muralla, non creo que caia nada polo dia de hoxe. Xa hai ben anos que non mercamos nada a proposito deste dia. Iso non quere dicir que non nos queiramos. Simplemente non facemos nada especial no dia de hoxe.
Un saudo e gracias polas visitas.

 

Post a Comment

<< Home