Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Alguns compas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, March 14, 2006

Alguns compas


No choio vou progresando e aprendendo diferentes tarefas. O meu mestre particular e Carlos, un mexicano de perilla que non me lembra a ninguen especial. Gustalle o meu nome que o emprega sempre para falar comigo e explica as cousas tranquilamente. En definitiva, parece bo tipo e bo traballador que busca que quede todo perfecto. Logo esta a companheira Jessica, unha mexicana baixinha, baixinha e eu acabo con dor de costas traballando na mesa adaptada a altura deles. Logo esta Francisco Javier que parece un dos de Camela pero mais baixo e mais moreno. Sempre sorri ensinando os dentes de ouro. Tamen esta Andy, un "bolillo" como din os mexicanos para referirse a un norteamericano sen mala intencion. Esta un pouco tolo e chapurrea bastante do mexicano e canta coa radio tanto en ingles como en mexicano e bota os aturuxos mexicanos mui ben. Ten catro chichos pequechos no pelo e esta sempre fumando co cigarro de esguello que parece Popeye (aqui non sei se esta proibido ou non fumar no traballo). Ah, Popeye dise "popai" en ingles.
Logo hai mais companheiros traballando que ainda non conhezo e como ainda non tenho fotos dos companheiros ponho esta dun vendedor mexicano nunha "pulga" (spanglish para mercado de rastrillo, do ingles "flea market").
Ata manha, suponho.

8 Comments:

At 3:45 AM, Blogger Peke said...

Parece que o pasas ben no traballo. Alégrome. :)

 
At 10:00 AM, Blogger Ghanito said...

Non se pode ser mais moreno cos de Camela, ese home ten que ser negro.

¡e coida o lombo, meu!

 
At 10:16 AM, Blogger Veloso said...

Sonche ben curiosos os teus compas. Toma nota do que fagan ou digan. Algún día pode dar para unha novela. E coidado co lombo, non vaia ser que acabes precisando sesións de fisioterapia.

 
At 11:41 AM, Anonymous Anonymous said...

Descríbelo moi ben todo, xa creo ver aos teus compañeiros de traballo.
:)

 
At 12:50 PM, Blogger verdello said...

ai, que bo! postea se podes unha foto de francisco javier que moi ben o paso eu con isto dos parecidos. o de popeye é certo. seica vén de pop + eye (que segundo unha amiga significa ollo torto). non sei se é certo pero sentido teno.

;) (pop-moticono)

 
At 1:49 PM, Blogger Laurindinha said...

Así que Popeye ten o ollo torto... O que se aprende no teu blog, Acedre, ata cos comentarios (grazas pola información, Verdello)...
A ver se pos unha foto dos teus compañeiros que xa me está picando a curiosidade!

 
At 3:00 PM, Blogger hojasdehierba said...

En francés é a mesma expresión "marché aux pucces" (ben, non sei se a ortografía é así...) e en Cádiz, chamábanlle ao mercadillo "El Piojito" :).
Apertas.

 
At 7:06 PM, Blogger acedre said...

Ainda non fixen fotos. E mui cedo e non hai confianza ainda.
O lombo xa o tenho tocado de facer o animalinho toda a vida. Xa sabes, estudia para non lombear que acaba coa saude o traballo manual.
O de Popeye vai polos ollos saltons que ten que non son virollos e o de Andy vai polo queixo que pon cando fuma.
Non sabia que en Cadiz lle chamaban "El piojillo" ao mercadillo e suponho que a orixe debe de ser a mesma que a do marche aux puces e o flea market.
Pois nada, gracias polos vosos comentarios e o voso tempo perdido coas minhas lerias.
Un saudo.

 

Post a Comment

<< Home