Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Amor animal

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, March 05, 2006

Amor animal



O Tonho esta aprendendo muitas cousas nos zoos onde esta e nos centros de animais. Esta semana estivo mui emocionado coa inseminacion dunha elefanta. Na foto esta un veterinario inseminando a elefanta como ben supos. Que un home disfrazado de mago che insemine o producto non ten parecido a un bo revolcon. E agora a elefantaa tera que esperar uns vintedous meses, case dous anos, para ter a cria. Dende logo isto non e o millor exemplo de amor animal pero e o que hai.

Manha hai mais.

9 Comments:

At 1:28 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Cómpre sinalar que, por moita pinta de "profilácto humano" que teña o persoeiro en cuestión (paréceme a un dunha peli que levaba "condones titán") a súa función é todo o contrario.

Hai xente para todo... até para traballar.

 
At 1:42 AM, Anonymous Anonymous said...

Mimadriña. A foto é dun surrealista, que xa a quixera da súa autoría André Bretón.

Saúdos

 
At 11:21 AM, Blogger nenodanorita said...

O mundo xa non é o mesmo dende que os animais foron privados do pracer máis básico e instintivo.

Apretas

 
At 11:49 AM, Blogger Veloso said...

Esta tarde non daba entrado no teu blog, pero agora vexo por que. Supoño que o goberno de Bush and Rice censurara esas escenas porno con que nos sorprendes agora. Por certo, din que o famoso monstro do lago Ness era un elefante. Haberá que seguir atentos á nova. Un saúdo.

 
At 12:40 PM, Blogger besbe said...

E eu pensando que era un antroideiro despistado....

 
At 12:51 PM, Blogger verdello said...

que chegue mañá! que chegue mañá!

 
At 2:08 PM, Blogger María M said...

Jajajajajaja... Imaxínome á elefantiña con cara de resignada dicindo "Éche o que hai".

 
At 3:58 PM, Blogger torredebabel said...

acedre! fixéchesme lembrar do veterinario da cidade que inseminaba ás vacas da aldea e a miña avóa (que sabía pouco desas técnicas) pensaba que era o home o que as preñaba!!!!!!

 
At 6:37 PM, Blogger acedre said...

Xa miro que vos gustan os temas guarrosillos, eh?. Non, o asunto ten a sua gracia porque o veterinario-mago-condon ten que introducir o seu brazo a xeito de pirola. Neste caso, o Tonho dixome que a elefanta estivo tranquila e receptiva ou sexa, un aplauso para ese veterinario. Non me imaxino se a cousa tivese complicacions porque unha elefanta que non quere debe de ser un asunto para tremer. Tamen podia darse o caso de que se enamorase do veterinario e enton vaia gracia !. Seria coma King Kong e a loira.
Sintoo por Verdello pero non tenho mais fotos ralacionadas co posteo.
Muitas gracias polos vosos comentarios. E non comentedes este posteo muito por ai non vaian denunciarme por pornografia zoofilica, ha, ha.

 

Post a Comment

<< Home