Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: "Antros"

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, March 06, 2006

"Antros"


Antros e o nome que usan os mexicanos para denominar o que serian os nosos pubs ou discotecas. Os antros para nos tenhen mala sona pero para eles e un lugar de diversion. En Norlina (a sete quilometros) hai un antro deses que mais ben semella un antro dos nosos. Eu nunca entrei, tamen hai que dicilo; pero as mozas tampouco queren entrar. Os carteis da entrada dan un pouco de medo, a verdade. E para que me creas deixo duas fotos feitas onte domingo. Unha e da entrada proibindo armas, drogas e solisitasion que e o espanglis de pedir cartos. E a outra foto indica quen pode "tomar" e quen non e os requisitos que se piden. Bueno, deixo as duas fotos que son tamen un bonito exemplo de espanglis. E pensar que hai alguen que quere escribir o Quixote en espanglis e di que o galego e un invento dos politicos. Non sei se rir ou chorar.

9 Comments:

At 11:43 PM, Blogger Unknown said...

Respecto ao idioma galego, é evidente que existe un descoñecemento da realidade social de Galicia.
;)

 
At 12:15 AM, Anonymous Anonymous said...

Claro que o galego é un invento creado politicamente despois de Franco. Non o ocultemos máis. Digámola verdade: os nosos avos o que falaban era Swagili.

Na Galiza en Swagili!!!!!

Saúdos

 
At 2:33 AM, Blogger Fer said...

Pergunta: Que caralho é "solisitasion"?

 
At 5:52 AM, Blogger *Sara said...

Eu creo que se chego a entrar, sería por curiosidade e para saír pitando despois. A verdade é que parece un antro con todo o significado que lle dámos nós aquí á palabra.
Con respecto ó do galego... non sei. Dáme pena que haxa quen pense desa maneira. Con dicirche que na miña clase tamén hai quen pensa que o galego é cuestión de "moda"... :S

 
At 10:19 AM, Anonymous Anonymous said...

Non chores, meu neno, que non merece a pena, volve a pasear ao Colin baixo ise árbore tan florido e pensa no verán...
Bicos.

 
At 11:50 AM, Blogger Basho said...

O gajo esse do spanglish é considerado um "cantamañanas" entre filólogos desde há uns anos. Conste que o da traducção do Quijote ao spanglish teria tanta piada como aquela traducção já existente a latim macarrónico.

 
At 2:51 PM, Blogger hojasdehierba said...

Un pouco "antro" sí que parece o sitio ;)
Apertas.

 
At 3:21 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu tiña entendido que o galego fora un invento de un tal Alfonso X "El Sabio", que como o castelán aínda non existía, tivo que inventa-lo galago-portugués para escribir unhas cantigas, ou algo así.
É o malo de ser de ciencias, que tes claro qué foi antes e qué despois, pero non consigues lembrarte dos detalles da historia.

 
At 6:30 PM, Blogger acedre said...

O Ilans Stavans ese confunde muitas cousas e non se decata de que hai dous idiomas confrontados nos EEUU. Por un lado esta o ingles que e a lingua de prestixio e o obxectivo a alcanzar por calquera habitante deste pais. E polo outro lado esta o espanhol que neste pais non deixa d ser unha lingua falada subordinada ao ingles ( ui, como me sona esta historia toda ). O espanhol existe ainda porque o fluxo de inmigrantes non se da detido. Cada ano entran un millon de ilegais, un millon que non tenhen nin papa do ingles e que se xuntan con parentes e vecinhos en cidades e vilas e forman comunidades. Se fose doutra maneira xa abandonarian o idioma hai tempo. De feito, a segunda xeracion ou terceira como muito xa pasa ao ingles e esquece o espanhol. En Nova York mantense bastante e hai spanglish pero cando tenhen a minima oportunidade os falantes del pasan ao ingles. En Miami non hai spanglish. A xente fala cubano co seu acento ou ingles e non hai mistura. Bueno, un par de prestamos incrustados pero nada mais. E no resto do pais o espanhol malvive no ambiente familiar esperando desaparecer absorbido polo ingles.
Isto e o que opino eu do spanglish.
En canto ao galego todos sabemos o errado que esta este profesor de universidade.
Gracias a todos polos comentarios e especialmente a Parzival polo seu Quixote en latin macarronico. Agora falta o Quixote en elfico que xa esta a Biblia nesa lingua. Ou xa esta escrito ?.

 

Post a Comment

<< Home