Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Carpinteiros de Warrenton

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, March 29, 2006

Carpinteiros de Warrenton



Na foto estan Lorenzo e Andy vestidos de paisano. Non me custa nada imaxinalos vestidos de indio e vaqueiro pero Andy seria un vaqueiro bo. Seino.

E na foto de abaixo esta Francisco Javier (o que me lembra a un dos de Camela) e Lorenzo outra volta.

E co esta xente e outros mais paso a xornada de traballo que agora e mais longa porque hai mais horas de sol.

14 Comments:

At 11:19 PM, Anonymous Anonymous said...

No traballo pásanse moitas horas, é desexable ter un bo ambiente de traballo e favorecelo.
Tí, seguro que o fas.
:)
Unha aperta

 
At 12:50 AM, Blogger From Hell said...

Teñen pinta de ser xente divertida... e iso á hora do traballo sempre é importante.
Saúdos

 
At 2:01 AM, Blogger Peke said...

Así que traballas nunha especie de carpenta, non?

 
At 2:13 AM, Blogger Veloso said...

Si que se parece ao de Camela. Vese que hai bo rollo entre os compañeiros. Iso é bo.

 
At 4:42 AM, Blogger leco said...

É cuspidiño!
E que tal por aí, bo ambiente, logo? fanvos currar a moita marcha?

 
At 6:09 AM, Anonymous Anonymous said...

Parecen boa xent,foi algun deles o q ye arrincou a cabeza a Priscila?
Simple curiosidade.

 
At 6:27 AM, Blogger Ghanito said...

O Andy ten unha cara de bo rapaz que non pode con ela. Xa creía o de que fuxiría co resto se viña a Migra, pero agora estou absolutamente certo de que o faría de verdade.

Pásao ben cos compañeiros, meu, pero lembra coidar o lombo. (como non tes aí á túa nai, xa cho digo eu, ghe, ghe, ghe...)

 
At 11:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Ó mellor xa o dixeches algunha vez, e eu despisteime pero... ¿en qué idioma falades no traballo? Porque sendo tantos hispano-parlantes, o inglés debe de ser un incordio.

 
At 12:01 PM, Blogger hojasdehierba said...

Se eu lles digo aos meus compañeiros de traballo que lles vou tirar unha foto, miranme con mala cara... se ademáis é para colgala nun blog, colgaríanme eles a min :D
Teñen cara de boa xente.
Unha aperta.

 
At 2:24 PM, Blogger Nemeth said...

curioso que se deixen fotografar... saben que ías colgar as fotos nun blog?

que siga ise bon ambiente, é necesario :)

aperta

 
At 3:08 PM, Blogger torredebabel said...

o meu pai é carpinteiro e ningún cheiro apertame máis dese que sae da madera cando estan traballándoa. Sempre que atopo ese cheiro, inevitablemente a miña mente vaise co rumbo á miña infancia... Saudos aos teus colegas!

 
At 8:03 PM, Blogger acedre said...

O ambiente no traballo e bo. Os mexicanos son mui bos traballadores e non necesitan que anden detras deles para traballar. E mais, semella que lles gusta.
Deixaronse fotografar sen problema pero estaban serios para a foto (menos Pancho). O unico que queren e unha copia da foto. Eu non lles dixen que eran para por na interrede que seguro que punhan reparos.
O idioma no traballo e o espanhol e Andy fala espanhol case o cen por cen do tempo. Mesmo o xefe, Ted, farfalla o espanhol.
Non sei quen gardou a foto de Priscila pero agora xa falta o poster enteiro.
O cheiro a madeira e rico pero na sua dose pequena.
Gracinhas a todos polos comentarios e a atencion e o carinho postos na minha vida que non deixa de ser unha vida ben normalinha.

 
At 11:35 AM, Blogger verdello said...

teñen cara de boa xente, teñen, pero hei de recoñecer que moito me rin co de camela, moi bo, éche igualiño. moito me entreteño buscando parecidos (e sonche lamar de boa, modestia a parte)!

 
At 12:06 PM, Anonymous Anonymous said...

A verdade é que tes realmente alma de viaxeiro, falando con curiosidade dos personaxes pintorescos que vas atopando.

Deberíaste animar a escribir un libro de viaxes (iso si, sen nos privar do teu blog, eh. Que senón non hai trato).

Saúdos

 

Post a Comment

<< Home