Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Case, case

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, March 08, 2006

Case, case


Hoxe case consigo traballo. Fun a unha empresa que esta a dez minutos da casa andando e dixome o encargado que estes dias puidera ser que houbese 'chanse' (oportunidade). A empresa e de molduras prefabricadas e son todos mexicanos menos un negro carretilleiro e unha senhora branca oficinista. A ver se hai sorte e traballo ai que queda ao ladinho da casa e aforro en gasolina e asi voume acostumando a silicose do Porrinho e Ponteareas para cando volva, ha, ha. Millor rir que chorar, non ?.

E como non vou falar de asuntos laborais ponho unha foto dun solpor nunha granxa de aqui agora que os dias son mais longos e xa e imposible facer esa foto indo ao ximnasio. Espero que vos guste a todos os que me ledes e comentades que sodes do millorinho da rede adiante.

Ata manha.

16 Comments:

At 10:02 PM, Blogger Ghanito said...

A foto é bonita mais semella un pouco triste.

Moita sorte co traballo.

 
At 3:38 AM, Blogger Peke said...

Fermosa foto. E aver ese traballo se vai adiante.

 
At 3:46 AM, Blogger Unknown said...

Fermosísima foto, se o meu desexo pode colaborar a que encontres traballo, acompáñoche todo o meu ánimo.
Unha forte aperta

 
At 4:41 AM, Blogger Veloso said...

Así que ti tamén vas ao ximnasio? Espero que lle saques máis rendemento do que lle saco eu. En fin, polo menos paso o tempo e fago como que fago. Un saúdo.

 
At 5:18 AM, Blogger Madeleine said...

Ximnasio, ximnasio... creo que tou matriculada nun, pero nin sequera me lembro de en que rúa está na zona nova de Santiago...
Boa sorte na procura ;)

 
At 12:25 PM, Blogger verdello said...

ás veces sinto unha envexa (sá) horrible de todas esas cousas que nos contas (boas e malas, alegres e tristes). tamén das das fotos.

unha aperta de toxos e flores

 
At 3:28 PM, Blogger torredebabel said...

acedre, os desexos das persoas forman unha enerxía que pode facer que algunha cousa boa pase. Van os meus bos desexos para o teu traballo!

 
At 3:36 PM, Anonymous Anonymous said...

Hai unha frase fermosa que dí: "Cando @ alumn@ está preparad@ aparece @ profesor/a."
Mándoche o mellor dos ánimos e a constancia precisa.
Unha aperta forte e enerxética.
:)

 
At 4:03 PM, Blogger Basho said...

Fica tranquilo pelo trabalho, acedre. Em quanto aches e aceites um, receberás uma chuva de tentadoras ofertas. É a Lei de Murphy! Pensa também que havias estar pior preparando umas "oposiciones", como faço eu :S

Agora à sério: muita boa sorte!

 
At 4:38 PM, Blogger hojasdehierba said...

Quedei parva co da silicose... ¿E onde andan os sindicatos, para non recoñecelo coma enfermidade laboral???? ¿Acaso un 17% non é un porcentaxe alto dabondo?
Unha aperta, compañeiro.

 
At 7:17 PM, Blogger acedre said...

Dende logo que levantades o humor a un. A foto e verdade que saiu un pouco triste polo dia que era pero habia solpores de lume cando non levaba camara e cando a levo queda un solpor bonito pero triston.

En canto ao choio, dicir que non hai novidade pero xa aparecera algo. En Revlon esta bastante mal o asunto de traballo segundo me tenhen contado companheiros que topo de cando en vez.

Tranquilos todos que eu non perdo o humor pero tampouco a minha situacion e para envexar.

Gracias polos animos e se traballo xa tratarei de non coller silicose.

 
At 11:53 PM, Blogger Nemeth said...

A foto é moi linda, segue así, que cada vez saen mellores... :)

sorte na procura do traballo!

unha agarimosa aperta! :)

 
At 5:16 AM, Blogger besbe said...

Eiiii rapazote, que aínda do non tan bo se saca sempre algo mellor. Moito ánimo (que seguro que non che falta), moito exercicio (que se ve que che gusta) e moita sorte (que seguro que a tes).
Unha aperta moi grande, moi grande, moi grande.

 
At 2:11 PM, Anonymous Anonymous said...

A foto é mui linda e alégrome muito de que o traballo se presente ben...
Bicos.

 
At 8:58 PM, Anonymous Anonymous said...

Thank you!
[url=http://zzbhophy.com/njej/tolm.html]My homepage[/url] | [url=http://fdhgpyyk.com/sxfz/bhko.html]Cool site[/url]

 
At 8:59 PM, Anonymous Anonymous said...

Well done!
http://zzbhophy.com/njej/tolm.html | http://ryhucirh.com/mxpg/zlhd.html

 

Post a Comment

<< Home