Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Gracinhas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, March 20, 2006

Gracinhas



"WE'S IN HEBEN", "estamos no paraiso"; como negrinhos nun campo de sandias, asi sentimonos Ana mais eu despois de recibir tantos parabens, felicitacions, noraboas e zorionak.

Hai pouco tempo mandastes enerxia positiva para que eu topase traballo e conseguistelo. Agora mandades mais enerxia positiva para Ana e mailo bebe e vai sair duro coma un ferrote. Seguro.

A vosa resposta foi espectacular e quedamos sorprendidos, sobre todo Ana. Dixenlle a Ana para gravar un minivideo de agadecemento estilo mensaxe nadaleira dos Borbons pero ela ten mais siso ca min e chamoume parvo. Non hai video e deixo esa foto de agradecemento. GRACINHAS.

Manha a ver se ponho algo.

18 Comments:

At 9:56 PM, Blogger Ghanito said...

Non lle fagas caso a Ana e fai coma os Borbóns, usa o Photoshop. Fotos de Ana seguro que tes, e da criatura xa vimos que tamén. Ghe, ghe.

 
At 12:10 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Tou dacordo con Ghanito!!!!
Declaro constituida a PQV, Plataforma Queremos Video.

PQV XA!!!!!
;DDDD

 
At 12:33 AM, Blogger besbe said...

Apoio a moción, Ana perde o sisooooooo!!!
Bicos para os tres.

 
At 12:47 AM, Blogger Veloso said...

Súmome á PQV xa!

 
At 1:48 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Adiante coa PQV!!!!!!!!!!!!!!!!!

 
At 3:36 AM, Anonymous Anonymous said...

jajajajaja.... PQV, adiante...

Noraboa, acedre.

 
At 4:15 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Se non quere posar, non te preocupes, sempre poderás facer un vídeo tipo South Park :D

 
At 7:27 AM, Blogger Ghanito said...

Xa está decidido, vou ter que ir ós EU representando á PQV para comprobar que fagades o video ben.

Mandádeme xa o billete de avión, antes de que medre a criatura.

Se algún quere que lle leve a Lotería para pasarlla a Ana pola barriga que avise con tempo.

 
At 7:35 AM, Blogger eue said...

A miña benvida adiantada a ese/a galego/a concibido e xestado nos EUA!!! Parabéns.

 
At 8:45 AM, Anonymous Anonymous said...

"La embajadora (do Porriño nos EUA) y yo, aprovechamos estas entrañables fechas..." Quen te había de ver, he he.
¡PQV!
Fai ese video, plis.

 
At 9:41 AM, Blogger máis alá said...

Dou meu voto ao video

 
At 11:36 AM, Blogger Nemeth said...

vaia ho! has ter que facer o video por aclamación popular. Eu teño que dicir que entendo a Ana :)

que haxa saúde

apertas

 
At 12:39 PM, Anonymous Anonymous said...

Noraboa de novo!! e dou o meu voto para o video. Convence a Ana...

Unha aperta de convencemento para Ana e outra para ti.

:)

 
At 1:25 PM, Blogger hojasdehierba said...

¿Para cándo ha de ser? ¿outubro?
Máis apertas.

 
At 2:16 PM, Blogger torredebabel said...

se ainda lembro ben o asunto este dos embarazos (pode que non sexa así), coido que o pequeno acedre/a nacerá polo 19 de Septiembre de 2006. Ou polo menos eso diría calquera médico na Arxentina pero haberá que ver a conta que fan os dos EEUU, que son os importantes neste caso. Como fora, será moi moi benvido. E tamén quero o video!!!!

 
At 3:06 PM, Anonymous Anonymous said...

Xa era hora,noraboa da miña parte e da de Marita e Enrique,quen mirara o Colín cando naza o/a pequeno/a como tolo pola casa.

Esta e unha mensaxe para Ana:
Ana tes que ceder as peticions dos navegantes isto non pasa todolos dias!!!!!!!!!!!!!!!
Ti fai coma que non te enteras e xa esta.
O final ,voltades en xulio?
Bqñs.
Videooooooooooooo!!!!!!!!!!!!!!

 
At 2:03 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Perdoa que non vos felicitara antes, Acedre.

Alédome moito pola vosa fortuna! Outro galego máis; seguide así, que a nosa non é emigración: é unha Invasión Total a escala Planetaria!

 
At 10:37 AM, Blogger caravelete said...

noraboa retrasada que ando sen tempo para nada.

Veredes como mola. Mira pra min:
http://oollodavaca.blogspot.com/2006/01/dous-caraveletes-na-neve.html

 

Post a Comment

<< Home