Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Loteria

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, March 30, 2006

Loteria



Hoxe foi o gran dia. Este estado deixou de estar aillado. Os estados que o rodean xa tenhen todos loteria: ese xogo do demo que desfai familias e fai que a xente gaste os cartos da comida no vicio, etc, etc.

Aqui non hai muitas novas falando de Espanha e unha que mirei hai tempo falaba do Gordo de Nadal e na television punhan a nova coma se fose un costume barbaro ou extranho e rian cando miraban a xente descorchando champan na rua.

Bueno, agora tocalles a eles que xa tenhen loteria. E como son asi xa hai camisetas e gorras apoiando a loteria.

Ata manha.

8 Comments:

At 1:20 AM, Blogger Fer said...

Hum! Estam tolos estos northcarolinianos... ;)

Mirando umha das paginas que ligas vim que tenhem un jogo do estado semelhante ao jogo do galo :S, Tic-tac-toe dim-lhe...

Isto esta-me a dar idea para falar do Minimax ou secadra do livro "Solar Lottery" de P.K.Dick no meu blog

 
At 2:40 AM, Blogger Nemeth said...

o de 'educational' é un false friend, ou significa de verdade 'educacional'...?

por que... lotaría e eduacacional (de Norcarolaina) non son termos contradictorios?

apertas

 
At 4:16 AM, Blogger leco said...

Xa tes o teu boleto?

 
At 7:58 AM, Blogger Ghanito said...

Si, aquí en galicia tamén houbo un intento de montar unha lotería, pero seica houbo un caso de corrupción e todo quedou en nada.

Eu pago cada semán os impostos dos tontos, pero se un día me toca bou rir seguido.

 
At 8:02 AM, Blogger TXARI said...

hai que meterlhe o viçio polo olho da fechadura...veremos como acaba o conto...

 
At 9:04 AM, Blogger From Hell said...

agora tan so lles falta o calvo do Nadal facendo o parvo e soprando sorte para ser coma nós...

 
At 1:58 PM, Blogger Manuel Rivas said...

Miña madriña, non dou creto... ¿que pasaría se alguén saíse á rúa cunha camisola do señor ese calvo? Sería o centro de tódalas olladas, pero se levase esta... ó mellor era o centro da diana, ghegheghe.

Por certo, é unha das poucas que non é "Made in USA".

 
At 8:53 PM, Blogger acedre said...

A loteria deste pais non e como a dala. Aqui os billetes son elctronicos e tes qwue rascar para ver o que sae.
Eu chamo pai, fillo, nai a ese xogo do galo (tic-tac-toe).
Chamase educacional porque, supostamente, as ganhancias van para a educacion en Carolina.
Non merquei boleto e tinha que mercalo pero foiseme o santo ao ceo. Outra vez sera...
Non sabia que quixeran montar unha loteria en Galicia.
Meter cartos na loteria e como unha inversion a longo prazo.
aqui non esta o careco anunciando pero xa aparecera outra chorrada dese xeito e as camisetas non me extranha que as vendan que aqui venden de todo. O ultimo modelo hortera e falto de bo gusto, para min, foi o de "Eu sobrevivin ao furacan Katrina". E a maiori da roupa ven de Centroamerica.

Pois nada. Gracinhas a todos polos comentarios e por fixarse neses detalles.
Boa fin de semana.

 

Post a Comment

<< Home