Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Mascotas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, March 13, 2006

Mascotas



Este pais ten fama polo trato cos animais. Aqui pode haber de todo: dende ecoloxistas e zoologos do millorinho do mundo ata xente que e mais besta ca os pobres dos animais e cazan osos con arcos ou ponhen comida de cibo para cazar cervos.

Da caza xa falarei outro dia que aqui esta mui metida nos costumes da xente e da para escribir muito.

Do que quero falar e dun "vecinho" en Norlina (perto do antro dos mexicanos) que ten un cartel que di "Non entrar. Manterse lonxe: lobo". Ao primeiro pensabamos que era un que tinha un can e queria meter medo aos posibles cacos da sua propiedade pero un dia miramos o becho e tivemos que tirarlle unha foto. A de arriba fixoa Tonho e a de abaixo fixena eu en distinto dia. O Tonho preguntou no zoo (onde saben mais que inseminar elefantas) e os veterinarios dixeron que e un lobo e quedaron alucinados de que alguen tenha un lobo atado estilo can. Pero xa sabemos que neste pais hai de todo.

Ai deixo as fotos do "Calcetins" de "Bailando con lobos" que debe de ser lobo porque non ladra pero debe de ser un lobo bo que e mui amigable.

Ata manha.

10 Comments:

At 9:54 PM, Blogger Ghanito said...

Home, está ben claro que é un pais amante dos animais, porque puxeron un animal de presidente, ¿non si?

 
At 1:28 AM, Anonymous Anonymous said...

tes que ir unha noite cunhas tenaces e liberalo. antes mira que non esté con fame, a ver se te vai morder, e asegurate q o dono esté a dormir, que estes yanquis teñen armas por todos lados, hehehe ;)
en serio: pobrin, tiña que estar libre, o lobo é o animal que a caracteriza por antonomasia; agora que quizais, se leva toda a vida atado, sóltalo, e ao estar domesticado, igual nen escapa.
De comer parece que lle dan ben, ten boa barriga e bon pelo.

 
At 4:08 AM, Anonymous Anonymous said...

Curioso país. Se algún día teño unha mascota será un polbo á feira. Saúdos.

 
At 8:26 AM, Blogger Unknown said...

Ao meu gústanme os lobos, son intelixentes e manteñen unha orde dentro do seu grupo, o que me dá pena é velo cunha cadea. Saudos

 
At 9:32 AM, Blogger TXARI said...

que pena que tenha que estar atado co bomito que debería ser divisalo no outeiro albiscando o lusco-fusco...o meu avó divisou uma vez um de preto, estaba coa horquilha, e fitouno aos olhos e púxose a rondar de esquerda a dereita e vizeversa, dende a entrada do caminho...nom deijaba de olharlo... meu avó levantou um pouco a horquilha máis o lobo inquietouse e o meu avó deijou toda a ferranmenta con cuidado no cham e foise pouco a pouco , cando o perdeiu de vista botou a correr, até chejar a casa...e sempre tiven ao meu avó por uma das pessoas máis valentes que conheço, prudente pero valente...um gran examplo de convivença...

 
At 9:50 AM, Anonymous Anonymous said...

¿Será que tes de veciño a unha reencarnación de Felix Rodriguez de la Fuente?
Aquí había un veciño que collera unha culebra bastante xeitosa, e a tiña na casa de mascota. Debe de ser algo innato, iso de querer domesticar o que se poña por diante. (Aínda que sexa un pulpo á feira, he he).

 
At 3:52 PM, Blogger hojasdehierba said...

Pobriño... ha de ter o instinto un pouco de capa caída ¿non?
Unha aperta.

 
At 4:30 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

nalgún sitio escoitei decir que alguén tiña de mascota un raposo, ata que se ceibou un día e comeulle tódalas galiñas...

Unha aperta.
:)

 
At 5:10 PM, Blogger torredebabel said...

temos neste país quen tivo de na casa un tigre, un león, un pinguino e ata un gato montés... coitados.

PD: ghanito, ainda estou rindo con o teu comentario!

 
At 7:33 PM, Blogger acedre said...

O presidente millor deixalo que me da algo se falo del.
Pacino: estou en zona confederada que estan mais armados ca os ianquis e non se che ocorra chamalo ianquis. O lobo non da muita pena. Eu vexoo mui san e alegre e ben cuidado. A cadea esta enganchada a outra que vai da arbore a casa e seran uns vinte metros polo menos e ten unha boa caseta e todo e ten un companheiro que non puiden averiguar se e can ou lobo.
Naufrago: pulpo non vale como animal de companha, ha, ha.
sz: os lobos son animais sociais e este xa digo que ten companha.
txari: a min e meus pais cruzousenos un xa hai anos, precisamente na estrada de Acedre. Meu avo contabame historias dunha loba que tinha a cama nunha parroquia vecinha e que acabou morta polos vecinhos.
f. miguez: o home sempre intentou domesticar animais e ainda hoxe non se sabe porque hai animaisd que se poden domesticar e outros que non. O pulpo podese domesticar cunha patacas, sal gordo, pementa e aceite.
hojasdehierba: o animal esta tranquilo pero non esta triste.
picara: mui bo o do raposo. E o dono ainda estarase preguntando como puido ser.
torredebabel: ui, esa personaxe xa parece importante. Sera un Michael Jackson estilo arxentino.

Enfin, gracias a todos polos vosos comentarios. Dende logo, neste pais podese ver de todo.

 

Post a Comment

<< Home