Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Millas e millas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, March 26, 2006

Millas e millas


Si que fixemos millas estes dous dias. Onte sabado fomos a Rocky Mount a mercar roupa nova para Ana e logo voltamos a Warrenton. Dali fomos a Rolesville xa con Cris e Tonho que viu de Washington a cear a casa dos arxentinos que nos deron cousinhas para o bebe e dali volvemos a casa. E hoxe domingo fomos Ana mais eu ao aeroporto de Raleigh a cambiar o billete de volta a Madrid e tivemos que cambiar de companhia que agora a US Airways non permite cans nos seus vos. Con tal motivo non nos cobraron polo cambio de data.
Antes de ir ao aeroporto paramos a xantar no restaurante mexicano El Azteca (na foto sae o dono retratado). O dono e o tipico mexicano con exito que leva sombreiro de cowboy, cinto con fibela ben grande e botas campeiras. Eu xantei pulpo que estaba ben picante e branducho e de sobremesa sopapilla que non e outra cousa ca unha orella das nosas. As camareiras eran unhas pesadas preguntando se estabamos ben cada dous minutos.
Despois de irmos ao aeroporto fomos ao Whole Foods a mercar delicias como pan e falafel.
E asi foron estes dous dias. Manha toca volver a rotina.

8 Comments:

At 2:07 AM, Blogger Veloso said...

Non te preocupes que xa pronto poderás probar pulpo do bo, en prato de madeira como é debido. Que tal Ana? Ten mareos e esas cousas? Espero que se atope ben e que o embarazo non lle estea a dar problemas. Moitas grazas pola túa felicitación. Unha aperta dende Zamora, hoxe, sorprendentemente, con bastante choiva.

 
At 4:06 AM, Anonymous Anonymous said...

O da foto parece saído dunha peli! Que curioso. Eu fun a un mexicano en Madrid, na rúa Fuencarral creo... Chamabase Las Mañanitas e estaba moi rico o que comin ali, ademais eran moi amables.
Ainda que supoño que teredes ganas de comida da nosa, chourizos, grelos, cousas desas que tan pouco se aprecian cando estamos aqui e que tanto botamos en falta cando estamos fora :D

 
At 6:30 AM, Anonymous Anonymous said...

O final cando voltades?

 
At 12:01 PM, Blogger hojasdehierba said...

Supoño que daquí a pouco xa non lle ha servir a roupa a Ana. E que ben o dos regaliños para o bebé :).
Unha aperta.

 
At 12:24 PM, Anonymous Anonymous said...

Tanto esta foto, como a do post anterior, certifican esa impresión que comentaches algunha vez de que pareces vivir nunha película.
Cando baixes do avión e chegues á terra, igual pensas que saes do cine, he he, pero como na terriña... en ningún sitio.
P.D. Non sabía que houbese algunha cultura, ademáis da nosa, que lle dese por come-lo pulpo.

 
At 12:37 PM, Blogger Mr Tichborne said...

Nos USA pasa como na terra, que o mellor polbo faise terradentro? Feliz volta

 
At 1:56 PM, Blogger leco said...

Que curioso e simpático me resulta ler cousas tan alleas contadas en primeira persoa en galego.
Feliz viaxe, sexa cando for.

 
At 6:34 PM, Blogger acedre said...

Ana levao mui ben: dorme mais que antes e come mais e ten algunhas preferencias nas comidas e hai cousas que lle repugnan agora e antes gustabanlle pero non e grave.
Eu muitas veces penso que estou nunha pelicula ou polo menos no escenario dunha pelicula e, suponho, que cando baixe do avion na terrinha (como di f.miguez)a pelicula rematou.
A fin da pelicula (polo menos este episodio) esta programado para o 18 de xunho que sera cando collamos o avion de volta.
A partir dese dia xa comerei pulpo ao estilo que estou acostumado aparte das outras delicias da terrinha (tamen comen pulpo no Xapon que eu saiba). Mentres tanto seguirei comentando en primeira persoa estas andanzas por esta terra.
Aledame de que vos guste o blogo e que comentedes que fai ilusion.
Gracinhas polos comentarios.

 

Post a Comment

<< Home